Amílcar Cabral
Amílcar Lopes Cabral, nado en Bafatá o 12 de setembro de 1924 e finado en Conakry o 20 de xaneiro de 1973, foi un político e escritor, líder da independencia de Cabo Verde e de Guinea-Bissau.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Guinea-Bissau de pais caboverdianos, aos oito anos marchou coa súa familia a Mindelo (Cabo Verde), en 1944 marchou a Praia e en 1945 grazas a unha bolsa de estudo estudou agronomía en Lisboa. En 1952 estableceuse en Guinea-Bissau para traballar para o servizo agrícola, polas súas actividades contrarias ao colonialismo portugués tivo que emigran a Angola. En 1956[1] foi un dos fundadores do PAIGC (Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde), do que é elixido o seu primeiro secretario xeral e radícase en Conakry onde o partido ten a súa sede central, e dende onde dirixe a loita armada contra as forzas portuguesas no sur de Guinea-Bissau. Morreu asasinado por membros do seu propio partido.
Obra
[editar | editar a fonte]- Rosa negra, 1949
- Regresso, 1949
- Ilha, 1974
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ William Minter Portuguese Africa and the West. 1974, páxina 62
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Amílcar Cabral |