Amarante, Portugal
| Amarante (pt) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Portugal | |||
| Distritos | Distrito do Porto | |||
| Capital de | ||||
| Capital | Amarante | |||
| Contén a división administrativa | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 56.264 (2011) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 301,33 km² | |||
| Altitude | 160 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
| Día festivo | ||||
| Santo padrón | Gonzalo de Amarante | |||
| Organización política | ||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | cm-amarante.pt | |||
Amarante é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, na rexión Norte e subrexión do Támega, con cerca de 9.900 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
É cabeza dun municipio con 299,25 km² de área e 61.029 habitantes (2004), subdividido en 26 freguesías.[1] O concello limita ao norte co municipio de Celorico de Basto, ao nordeste co de Mondim de Basto, ao leste co de Vila Real e co de Santa Marta de Penaguião, ao sur cos concellos de Baião, Marco de Canaveses e Penafiel, ao oeste co de Lousada e a noroeste co de Felgueiras.
No contexto de políticas sub-rexionais de desenvolvemento e de mobilidade, é membro da Comunidade Urbana (ComUrb) do Baixo Támega, constituída por 7 municipios, que en total contabilizaban 198.058 habitantes en 2001, sendo tamén a súa capital.
O comercio e os servizos céntranse principalmente na cidade de Amarante e en Vila Meã, que constitúen os dous principais núcleos urbanos do concello.
Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de San Gonzalo.
Freguesías
[editar | editar a fonte]
Desde a reorganización administrativa de 2012/2013,[1] o concello de Amarante está composto por 26 freguesías:
- Aboadela, Sanche e Várzea
- Amarante (São Gonçalo), Madalena, Cepelos e Gatão
- Ansiães
- Bustelo, Carneiro e Carvalho de Rei
- Candemil
- Figueiró (Santiago e Santa Cristina)
- Fregim
- Freixo de Cima e de Baixo
- Fridão
- Gondar
- Jazente
- Lomba
- Louredo
- Lufrei
- Mancelos
- Olo e Canadelo
- Padronelo
- Real, Ataíde e Oliveira
- Rebordelo
- Salvador do Monte
- São Simão de Gouveia
- Telões
- Travanca
- Vila Caiz
- Vila Chã do Marão, anteriormente Vila Chão do Marão
- Vila Garcia, Aboim e Chapa
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I. Acedido a 19/07/2013.
