José Randolfe Vilariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Randolfe Vilariño
Randolfe.jpg
NomeJosé Randolfe Vilariño
Nacemento1960
 Carballedo
NacionalidadeEspaña
Cónxuxe(s)Elba Grande Fernández
FillosAna Randolfe Grande
EidoPintura
editar datos en Wikidata ]

Xosé Randolfe Vilariño, nado en Quintá do Monte (Pradeda, Carballedo) o 25 de xaneiro de 1960, é un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1984 e 1989 estudou Artes Aplicadas, especialidade de esmalte, na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Realizou viaxes de formación a París e Florencia e tamén fixo estudos de Xeografía e Historia e de Enxeñería Técnica Forestal.[1] A súa pintura é froito dunha ampla mestizaxe, na que se atopan contribucións do expresionismo, surrealismo, nova figuración, arte pop etc... Tamén realizou incursións na escultura.[2]

Xosé Randolfe Vilariño é gandeiro, foi concelleiro do PSOE en Carballedo e tamén Secretario Xeral de Unións Agrarias no Sur de Lugo.[3]

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[4]

Exposicións[editar | editar a fonte]

"A antoloxía pictórica que Randolfe Vilariño presenta no MPLugo caracterízase pola súa natureza lúdica, vivaz, alegre, na que enaltece de forma recorrente a figura feminina. Unha figura que non só plasma na súa obra como un atractivo iconográfico senón tamén como un tema reivindicativo, xa que en varias das súas obras expresa a súa preocupación por temas sociais, entre os que destaca a violencia de xénero.As obras da súa última etapa, tamén reivindicativas, amosan un carácter ambientalista, moi influenciado polas súas vivencias no medio rural e polo seu desasosego respecto “ao vexetal que nos absorbe” [8].
  • En 2018, Última obra, Círculo do Saviñao

Publicacións[editar | editar a fonte]

Olladas. Xunta de Galicia, 1999. 62 pp. ISBN 978-8445326565

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xosé Randolfe Vilariño". Galicia Digital. Consultado o 14/09/2017. 
  2. "Historia". Concello de Carballedo. Consultado o 14/09/2017. 
  3. "Concejal José Randolfe Vilariño…". La Voz de Galicia. Consultado o 14/09/2017. 
  4. "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-25. 
  5. "Vida Social". El Correo Gallego. Consultado o 14/09/2017. 
  6. "Exposición de artistas de A Ribeira Sacra en el Centro del Vino de Monforte". Monforte de Lemos-Ribeira Sacra. Consultado o 14/09/2017. 
  7. "Randolfe Vilariño leva a súa cor …". Televinte Chantada. Consultado o 14/09/2017. 
  8. "Exposición. Escolma. Randolfe Vilariño". Rede Museística Provincial de Lugo. Consultado o 14/09/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]