Robert Hunter
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1977 (47 anos) Xohanesburgo, Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Suráfrica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo de competición | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | UCI World Tour 2012 (203º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
3 de xullo de 2010 | Tour de Francia 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | UCI World Ranking de 2010 (pt) (143º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | UCI Europe Tour de 2008-2009 (pt) (165º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | UCI World Ranking de 2009 (pt) (169º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2009 | 2008–09 UCI Africa Tour (en) (12º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
15 de marzo de 2006 | Jogos da Commonwealth de 2006 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | UCI ProTour de 2006 (pt) (208º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | 2002 UCI World Road Rankings (en) (92º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tour de Francia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vuelta a España | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | robbiehunter.net |
Robert Hunter, tamén coñecido como Robbie Hunter, nado o 22 de abril de 1977 en Xohanesburgo, é un ciclista surafricano especialista en espríns.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Hunter fíxose profesional en 1999 e dende entón foi atravesando diversos conxuntos, onde figurou como un esprínter relevante que, porén, non ten acadado gran número de vitorias en probas de gran categoría. Así, comezou a súa carreira no Lampre (1999), despois pasou ao Mapei (2002), ao Rabobank (2003) e en 2005 arriba ao Phonak.
Con este camisola acompañou a Floyd Landis na súa vitoria no Tour de Francia 2006, que despois perdeu por dopaxe e en favor de Óscar Pereiro. Despois da disolución do equipo como consecuencia do escándalo nos medios, Hunter foi fichado polo Barloworld, un conxunto novo, onde ocupou a praza de líder. O equipo estreouse con bo pé no Tour de Francia 2007, conseguindo dúas vitorias de tirada, entre elas a do propio Robert Hunter. Ao conseguir a tirada número 11 da rolda gala, Hunter convertíase ao mesmo tempo no primeiro ciclista africano en gañar unha xornada do Tour de Francia.
É un ciclista de tamaño medio, apto para rodar, con 1,78 m de altura e 72 kg de peso.
Principais vitorias
[editar | editar a fonte]- 1 tirada do Tour de Francia 2007
- 2 tiradas da Vuelta a España, nos anos 1999 e 2001
- Campión de África de contra o reloxo en 2006
- Gañador da Volta a Qatar de 2004
- Mellor esprínter da Volta a Suíza de 2004, onde gañou dúas tiradas
Ademais, foi nomeado mellor ciclista surafricano (premio Pick 'n Pay Go Banking) en 2001, 2002, 2003 e 2004.