Loudenvielle
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Occitania | ||||
| Departamento | Altos Pireneos | ||||
| Distrito | Bagnères-de-Bigorre | ||||
| Cantón | canton of Bordères-Louron (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 237 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 42,65 km² | ||||
| Altitude | 956 m-3.130 m-2.171 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Disolución | 31 de decembro de 2015 | ||||
| Sucedido por | Loudenvielle | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 65510 e 65240 | ||||
| Fuso horario | |||||
Loudenvielle é un pequeno concello occitano, situado no departamento de Altos Pireneos, que pertence á rexión de Mediodía-Pireneos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Loudenvielle é unha pequena aldea de 261 habitantes conforme o censo de 1999, situada na base dos Pireneos. A altitude do núcleo é de 960 m, pero nalgúns puntos o concello acada os 3.130 m. A extensión é de 42,65 km².
Loudenvielle está localizada no val de Louron, que lle dá nome á estación de esquí, e dentro do País de Aura e a 60 km de Banhèras. A estación de esquí de Val-Louron, localizada no concello, ten 18 pistas de esquí de fondo (15 km) e 11 remontes. Tamén próximo ao lugar de Loudenvielle está o lago de Génos, tamén chamado lago de Génos-Loudenvielle.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta aldea e mais a estación de esquí foron meta de varias tiradas do Tour de Francia:
| Ano | Tirada | Distancia | Con comezo en | Vencedor | Líder |
|---|---|---|---|---|---|
| 2007 | 15 | 196 km | Fois | Alexander Vinocurov | Michael Rasmussen |
| 2003 | 14 | 192 km | Sent Gironç | Gilberto Simoni | Lance Armstrong |
| 1997 | 9 | 182 km | Pau | Laurent Brochard | Cédric Vasseur |
