Tom Boonen
Tom Boonen | |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | Tom Boonen 15 de outubro de 1980 (43 anos) Mol, Bélxica |
Outros nome(s) | Tommeke |
Nacionalidade | ![]() |
Equipo | |
Último equipo | Etixx-Quick Step |
Equipo(s) Pro | |
2001-2002 2003-actualidade |
US Postal Etixx-Quick Step |
Principais vitorias | |
|
Tom Boonen, nado en Mol o 15 de outubro de 1980, é un ciclista belga. Corredor de grande envergadura (1,92 m e 80 kg) é particularmente bo nos espríns e en carreiras dun só día.
Vida profesional[editar | editar a fonte]
Tom Boonen é un ciclista profesional dende 2002, primeiro co equipo estadounidense US Postal e logo, dende 2003, no Quick Step, conxunto especializado en probas dunha soa xornada e en esprinters. Xa no primeiro ano como profesional colleitou unha meritoria terceira praza na París-Roubaix. Pero o seu grande ano foi o 2005, cando conseguiu vencer na Volta a Flandres, na París-Roubaix e no Campionato do mundo de ciclismo en estrada. Ademais ese mesmo ano obtivo dúas vitorias de tirada no Tour, e foi elixido Bicicleta de ouro como mellor ciclista do ano.
Principais éxitos[editar | editar a fonte]
Boonen obtivo ao longo da súa carreira (ata xullo de 2007), un total de 75 vitorias, a maior parte delas en tiradas de voltas e en carreiras dun só día.
Campión do mundo de ciclismo en ruta, no ano 2005, nos campionatos celebrados en Madrid.
Gañador no Tour de Francia 2007 na clasificación por puntos.
- Vencedor da Volta a Flandres en 2005 e 2006. Había máis de vinte e cinco anos que ningún ciclista conseguía gañar esta proba dúas veces.
- Vencedor da París-Roubaix en 2005.
- Vencedor da Gante-Wevelgem en 2004
- Cinco vitorias de tirada no Tour de Francia: 2 en 2004, 2 en 2005 e 1 en 2007.
- Vencedor da Volta a Bélxica en 2005
- Vencedor da Volta a Picardía en 2004
- Vencedor da Volta a Qatar en 2006
- 11 vitorias na Volta a Qatar, 6 na Volta a Bélxica, ou 5 en tiradas da París-Nisa.
Predecesor: Óscar Freire |
![]() proba en estrada 2005 en Madrid |
Sucesor: Paolo Bettini |
Predecesor: Robbie McEwen |
![]() 2007 |
Sucesor: - |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tom Boonen |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web oficial de Tom Boonen Arquivado 29 de xuño de 2007 en Wayback Machine.