Cédric Vasseur
Cédric Vasseur | |
---|---|
![]() | |
Información persoal | |
Nacemento | Cédric Vasseur 18 de agosto de 1970 (53 anos) Hazebrouck, Francia |
Nacionalidade | ![]() |
Equipo | |
Último equipo | Quick Step |
Equipo(s) Pro | |
1994 1995-1998 1998-1999 2000-2001 2002-2005 2006- |
Novemail Gan Crédit Agricole US Postal Cofidis Quick Step |
Principais vitorias | |
|
Cédric Vasseur, nado o 18 de agosto de 1970 en Hazebrouck, é un ciclista francés profesional.
Carreira deportiva[editar | editar a fonte]
Debutou como profesional en 1994 no equipo Novemail. A súa primeira vitoria profesional obtívoa no Tour de 1997, xa coa camisola do Gan, logo dunha escapada en solitario. Grazas a esa vitoria vestiu o maillot amarelo durante 5 días. Despois fichou sucesivamente polo Crédit Agricole (1998), polo US Postal (2000), e polo Cofidis (2002).
Correndo con este conxunto veuse envolto no caso Cofidis, na que se viron implicados en delitos de dopaxe diversos corredores. Vasseur nunca recibiu ningún positivo, pero foi investigado e posteriormente declarado inocente. Despois deste proceso, fichou polo Quick Step co que obtivo a súa segunda vitoria no Tour de Francia, no ano 2007, logo dunha escapada dun conxunto de 11 ciclistas que se resolveu ao esprín.
É o fillo de Alain Vasseur, un antigo ciclista francés que tamén conseguira unha vitoria no Tour de Francia (1970).
Principais éxitos[editar | editar a fonte]
No decurso da súa longa carreira, Vasseur conseguiu diversas vitorias, entre as que destacan:
- 2 tiradas do Tour de Francia (1997 e 2007)
- A París-Corrèze de (2003)
- A Volta ao Hesse de 2003
- A medalla de bronce no campionato de Francia de ciclismo en estrada en 1999.