Haldir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Haldir (cuxo nome en sindarin quere dicir "heroe oculto")[1] un personaxe ficticio da novela O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien; un elfo gris do bosque de Lórien (galadhrim) quen xunto ós seus irmáns Rúmil e Orophim custodiaba a entrada ó bosque.[2]

Acolleu á Irmandade do Anel despois de que esta abandonase Moria e conduciunos ata Celeborn e Galadriel. O feito de protexer a Aragorn e ós seus compañeiros evitoulles un enfrontamento cos orcos que dominaron Moria trala morte de Balin, e que os perseguiron ata a entrada mesma de Lothlorien. Tamén evitou que Gollum sorprendese a Frodo mentres este durmía no bosque cos elfos. Conduciu á Irmandade a Cerim Amroth,[3] e na despedida de Galadriel regaloulle a Samsagaz Gamllí unha soga élfica, que o axudaría nas súas aventuras futuras.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

Na serie de radio de 1981, o actor Haydn Wood pon a voz de Haldir.

Na triloxía de Peter Jackson, Haldir é interpretado por Craig Parker.[4] Curiosamente, no filme The Lord of the Rings: The Two Towers, Peter Jackson decidiu amosar unha escuadra de elfos galadhrim lideradas por Haldir de Lórien, en axuda ás xentes de Rohan no Abismo de Helmo, para demostrar a preocupación do pobo élfico cos homes. Este exército, así como a conseguinte morte de Haldir, son invencións do cineasta e non existen no libro de Tolkien.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. R. R. Tolkien, The Lost Road and Other Writings, "The Etymologies", entrada SKAL
  2. J. R. R. Tolkien, O Señor dos Aneis, Apéndice B, "The Great Years"
  3. J. R. R. Tolkien, A Irmandade do Anel, "Farewell to Lórien"
  4. IMDb (ed.). "Filmografía de Craig Parker". Consultado o 6 de setembro de 2019.