Saltar ao contido

Marton Csokas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarton Csokas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1966 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Invercargill Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos Editar o valor en Wikidata
EducaciónToi Whakaari - Dilpomatura en Drama Profesional (–1989)
Toi Whakaari - Licenciatura en artes escénicas
King's College, Auckland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0190744 Allocine: 62825 Allmovie: p223046 TCM: 364261 TV.com: people/marton-csokas IBDB: 515805 BNE: XX1611968 Editar o valor en Wikidata

Marton Csokas, nado en Invercargill o 30 de xuño de 1966, é un actor de cine e televisión neozelandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo dunha enfermeira con ascendencia irlandesa e dinamarquesa e dun enxeñeiro mecánico húngaro que se chama Márton Csókás tamén.[1][2][3] Csokas asistiu ó "King's College" de Auckland e graduouse na escola de interpretación "Toi Whakaari" en 1989.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Un dos papeis máis notabeis da súa carreira como actor é Celeborn, nos filmes baseados na triloxía d'O Señor dos Aneis, The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring e The Lord of the Rings: The Return of the King. Tamén é importante a súa participación no filme Kingdom of Heaven interpretando a "Guy de Lusignan" e as súas aparicións na serie de televisión Xena: Warrior Princess como un antigo amor de Xena. Ademais, fixo de "Jarda" en The Bourne Supremacy.

As súas participacións no teatro inclúen obras de Tom Stoppard e William Shakespeare polos anos 1990 en Nova Zelandia, e en Australia participou nas obras Who's Afraid of Virginia Woolf (2007) e Peribáñez (2006).[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Csokas posúe dobre nacionalidade húngara e neozelandesa.

Comezou unha relación coa actriz Eva Green despois de coñecela no 2005 durante a rodaxe de Kingdom of Heaven. No 2008, despois e tres anos de relación a distancia, mudouse a Londres para vivir con ela.[5] Romperon no ano 2009 e actualmente vive nos Ánxeles.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoFilmePersonaxe
1992The Ray Bradbury TheaterSid (episodi "By The Numbers")
1993–1994Shortland StreetDr. Leonard Rossi-Dodds
1994A Game with No Rules (curtametraxe)Kane
Jack Brown Genius Dennis
1997–2001Xena: Warrior PrincessKrafstar, Borias/Belach
1995Twilight of the Gods (curtametraxe)Soldado
1996Broken English Darko
Hercules: The Legendary JourneysTarlus (episodio "Promises")
Chicken
1998Hurrah (tamén coñecido como Heaven Sent)Raoul
1999Water RatsRobert Tremain (episodio "Shark Bait")
WildsideLarry Lodans (episodio #2.18)
All SaintsBrother Thomas (episodio "More Things in Heaven & Earth")
Halifax f.p.John Garth (episodio "Swimming with the Sharks")
2000The Lost WorldKenner (episodio "Tourist Season")
The Monkey's MaskNick Maitland
BeastmasterQord (episodios "Revelations", "Rescue" e "Golden Phoenix")
The Three StoogesTed Healy
FarscapeBr'Nee (episodio "Bone to be Wild")
Accidents (curtametraxe)Chug
2001The Lord of the Rings: The Fellowship of the RingCeleborn
RainCady
Cleopatra 2525Krider (episodio "No Thanks For The Memories")
The FarmAdrian Beckett (miniseries)
2002Garage DaysShad Kern
xXxYorgi
Star Wars Episode II: Attack of the ClonesPoggle the Lesser
2003The Lord of the Rings: The Return of the KingCeleborn
TimelineSir William De Kere/ William Decker
Canguro JackMr. Smith
2004The Bourne SupremacyJarda
EvilenkoVadim Timurovic Lesiev
2005Æon FluxTrevor Goodchild
Kingdom of HeavenGuy de Lusignan
The Great RaidCapitán Redding
AsylumEdgar
2007Romulus, My FatherHora
2010Alice in WonderlandCharles Kingsley
The TreeGeorge
L'âge de raisonMalcolm
The DebtStefan
2011Dream HouseJack Patterson
2012Abraham Lincoln: Vampire HunterJack Barts
Dead EuropeNico
FalcónJavier Falcón
2013PawnTte. Barnes

Premios do Sindicato de Actores

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaFilmeResultado
2003Mellor elencoThe Lord of the Rings: The Return of the KingGañador
2001Mellor elencoThe Lord of the Rings: The Fellowship of the RingNomeado
  1. Interview with Marton Csokas (Fall 2005 – #101)
  2. Marton Csokas – Celebrities, famous people – TravelToHungary.com – Budapest, Hungary
  3. An Interview With Marton Csokas
  4. "The Marton Csokas Network: Theater". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2011.
  5. Silvia Nucini (January 2009). "La signora delle mosche". Vanity Fair (Italy) (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]