Uruk-hai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Un dos Uruk-hais dos filmes de Peter Jackson

Os Uruk-hai son personaxes ficticias que aparecen no universo da Terra Media de J.R.R. Tolkien. Foron introducidos na obra O Señor dos Aneis como unha raza nova de orcos que serven a Saruman e a Sauron. Trátase de unha raza forte e rexa quen de desprazarse e combater á luz do día.[1][2] Os uruks aparecen saíndo de Mordor no ataque a Gondor do ano 2475 da Terceira Idade.[3]

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

O nome "Uruk-hai" está formado por Uruk, que en lingua negra significa orco en relación á verba "Urko" da lingua quenya inventado por Tolkien, e hai que significa "xente" ou "pobo". Entón, pódese traducir "Uruk-hai" como pobo orco.[4]

Existe un termo semellante: "Olog-hai" (pobo troll), utilizado para unha clase de trolls especialmente fortes e quen de soportar a luz do Sol.

Christopher Tolkien describe ós "Uruks" como un anglicismo de "Uruk-hai" e o seu pai adoitaba utilizar ámbolos dous termos de xeito semellante bastantes veces. Aínda que "Uruk-hai" significa sinxelamente "pobo orco", este último termo estaba reservado para unha clase de orcos negros de gran forza, os cales chamaban "snaga" (escravo) ás demais clases.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

No filme animado de Ralph Bakshi The Lord of the Rings, non se ven diferenzas entre os orcos, malia que haxa variacións físicas e de vestimenta.

Na triloxía de Peter Jackson, os Uruk-hai de Saruman son creados en foxas debaixo de Isengarda e cando é o tempo "correcto" son desenterrados por orcos menores que traballan para Saruman. A representación que Jackson fai dos Uruks sendo enxendrados da lama provén da vella descrición de Tolkien como "criado das calores e os limos da terra." Tamén se di que foi o resultado de cruzar orcos e homes-goblin (semiorcos), no canto de orcos e homes. Nos escritos de Tolkien, "goblin" é sinxelamente outro termo para orco.

Na adaptación ó cinema, os Uruk-hai son altos, anchos, fortes e con longo cabelo negro. Polo xeral, empuñan espadas e picas enganchadas.[5] O primeiro dos Uruk-hai é Lurtz, unha personaxe creada expresamente para o cinema, que é o primeiro dos Uruk-hai de Saruman en nacer e lidera unha incursión que embosca á Compañía do Anel en Amon Hen. Lurtz fire mortalmente a Boromir, pero é asasinado por Aragorn. Tamén se amosa que os Uruks levan béstas no Abismo de Helmo, malia que Tolkien non menciona esta arma no libro. Os uruks Berserker tamén foron empregados no asedio de Helmo, tanto para limpar as murallas dos defensores como para detonar minas explosivas e abrir unha fenda no muro. Estes uruks eran moi altos, non levaban armadura e foron preparados para batalla ó poñerse os cascos cheos co sangue dos seus inimigos.

Sauron é coñecido por crear os seus propios Uruk-hai, coñecidos como Uruks Negros. Poden verse cando Frodo Bulseiro é capturado en Cirith Ungol e a súa cota de mithril provoca unha liorta entre Shagrat, un Uruk negro de Mordor, e un orco de Minas Morgul chamado Gorbag.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. R. R. Tolkien. As dúas torres. p. 77. 
  2. J. R. R. Tolkien. O regreso do rei. p. 333. 
  3. Tolkien, The Return of the King, Appendix A (I,iv), "The Stewards", p. 414.
  4. Green, Nancy (4 de xaneiro de 2018). "Lord Of The Rings: 15 Things You Never Knew About The Uruk-hai". Screen Rant. Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  5. Serrano, Arancha (26 de xullo de 2007). "Un Uruk-hai de El Señor de los Anillos visita Galicia y enseña sus trucos de maquillaje". 20 minutos. Consultado o 15 de febreiro de 2018.