Harvey Weinstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Harvey Weinstein
Harvey Weinstein 2011 Shankbone.JPG
Nacemento19 de marzo de 1952
 Flushing
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Buffalo e John Bowne High School
Ocupaciónprodutor de cine, produtor executivo e actor
CónxuxeGeorgina Chapman
IrmánsBob Weinstein
Premioscabaleiro da Lexión de Honor, Commander of the Order of the British Empire, Oscar ó mellor filme, Orde do Imperio Británico, Premios Oscar e BAFTA
editar datos en Wikidata ]

Harvey Weinstein, nado en Nova York o 19 de marzo de 1952, é un produtor de cine estadounidense e antigo exectivo de estudio de cine. El e o seu irmán Bob Weinstein cofundaron Miramax, que produciu numerosos filmes independentes populares como Pulp Fiction, Clerks, The Crying Game e Sex, Lies, and Videotape.[1] Harvey gañou un Premio Oscar por producir Shakespeare in Love, e gañou sete Premios Tony por producir varias obras e musicais, incluíndo The Producers, Billy Elliot the Musical e August: Osage County.[2]

Weinstein e o seu irmán foron os presidentes de The Weinstein Company dende 2005 até 2017. En outubro de 2017, despois das numerosas alegacións de acoso sexual, asalto e violación que saíron á luz na súa contra, Harvey Weinstein foi despedido pola xunta directiva da súa compañía, e expulsado da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kunz, William M. (2007). Culture Conglomerates: Consolidation in the Motion Picture And Television Industries. Rowman & Littlefield. p. 15. ISBN 978-0-7425-4066-8. Consultado o 15 de agosto de 2012. 
  2. Klinger, Barbara (13 de marzo de 2006). Beyond the Multiplex: Cinema, New Technologies, and the Home. University of California Press. p. 212. ISBN 978-0-520-24586-0. Consultado o 15 de agosto de 2012. 
  3. Lartey, Jamiles; London, Edward Helmore David Batty in (14 de outubro de 2017). The Guardian, ed. "Harvey Weinstein expelled from Academy of Motion Picture Arts and Sciences". Consultado o 14 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]