Kate Sheppard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKate Sheppard

(1905) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Catherine Lopez garcia Editar o valor em Wikidata
10 de marzo de 1847 Editar o valor em Wikidata
Liverpool, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 1934 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Christchurch Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAddington Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres , editora , xornalista , economista , activista política , suffragette , sufraxista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeWilliam Lovell-Smith (1925–)
IrmánsIsabella May Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Malcolm-690 Find a Grave: 117035841 Editar o valor em Wikidata

Katherine Wilson Sheppard, nada como Catherine Wilson Malcolm en Liverpool (Inglaterra) o 10 de marzo de 1848 e finada en Christchurch (Nova Zelandia) o 13 de xullo de 1934, foi a máis destacada membro do movemento sufraxista de Nova Zelandia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sheppard naceu en Inglaterra e emigrou a Nova Zelandia coas súa familia en 1868. Alí converteuse nun membro activo de varias organizacións relixiosas e sociais, incluída a Woman's Christian Temperance Union (WCTU). En 1887 foi nomeada superintendente nacional da WCTU para o sufraxio e a lexislación, posto que empregou para avanzar na causa do sufraxio feminino en Nova Zelandia.

Kate Sheppard promoveu o sufraxio feminino organizando peticións e reunión públicas, escribindo cartas á prensa e mantendo contactos con políticos. Foi a editora de The White Ribbon, primeiro xornal operado por mulleres en Nova Zelandia. Grazas á súa hábil escritura e a súa persuasiva oratoria, defendeu con éxito o sufraxio feminino. Os seus panfletos Ten Reasons Why the Women of New Zealand Should Vote e Should Women Vote? contribuíron á causa. Este traballo culminou cunha petición con 30 000 sinaturas a favor do dereito ao voto das mulleres que foi presentada no parlamento e a extensión do sufraxio ás mulleres que se fixo realidade en 1893. Como resultado, Nova Zelandia converteuse no primeiro país que estableceu o sufraxio universal.

Sheppard foi a primeira presidenta do National Council of Women of New Zealand, fundado en 1896, e axudou a reformar a organización en 1918. Ao final da súa vida, viaxou ao Reino Unido e axudou ao movemento sufraxista británico. Cando a súa saúde empeorou volveu a Nova Zelandia, tralo que continuou a involucrarse en escribir sobre os dereitos das mulleres, aínda que menos activa politicamente. Faleceu sen descendentes en 1934.

Conmemoración[editar | editar a fonte]

Busto de Kate Sheppard presentado ao parlamento en 1973 pola WCTU
Sheppard nun semáforo preto do edificio do parlamento en Wellington

Sheppard está considerada unha importante figura da historia de Nova Zelandia.[1] Dende 1992 o seu retrato aparece no billete de dez dólares.[2][3][4] O programa de televisión de 2005 New Zealand's Top 100 History Makers situou a Sheppard como a segunda neozelandesa máis importante de todos os tempos, despois de Ernst Rutherford.[5] Igualmente, The New Zealand Herald seleccionou a Sheppard como unha dos dez maiores neozelandeses en 2013.[6]

En 1972, o libro de Patricia Grimshaw Women's Suffrage in New Zealand identificou a Sheppard como a figura líder do movemento sufraxistas. Foi o primeiro libro que o afirmou e a súa publicación marcou un crecemento no recoñecemento da vida e do activismo de Sheppard.[7]

Kate Sheppard Place, situada no recinto do parlamento en Wellington, recibe ese nome na súa honra. En 2014, en oito interseccións próximas ao lugar colocáronse semáforos en que Sheppard aparece representada na luz verde.[8]

O 8 de marzo de 2018, coincidindo co Día Internacional da Muller e en celebración do 125.º aniversario do movemento sufraxista, o New Zealand Football renomeou o principal torneo de copa feminino como Kate Sheppard Cup.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fleischer 2014, pp. 151–154.
  2. "The History of Bank Notes in New Zealand". The Reserve Bank of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xaneiro de 2018. 
  3. "A history of NZ money". Newshub. 4 de novembro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  4. Stock, Rob (2 de xullo de 2017). "Bucking the system: How 50 years of decimal currency shows the emergence of an independent nation". Stuff. Consultado o 13 de febreiro de 2018. The Queen was replaced by Kate Sheppard on ten dollar banknotes in 1991. 
  5. "Top 100 New Zealand History Makers". Prime Television. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2005. Consultado o 09 de maio de 2020. 
  6. "Our greatest New Zealanders". nzherald.co.nz (NZME). 13 de novembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. Dalziel 1973.
  8. Maoate-Cox 2014.
  9. Hyslop, Liam (8 de marzo de 2018). "NZ Football rename Women's Knockout Cup after Kate Sheppard". Stuff.co.nz. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adas, Michael (2010). Essays on Twentieth-Century History. Philadelphia, Pennsylvania: Temple University Press. ISBN 9781439902714. 
  • Amodeo, Colin (2006). West! 1858–1966 : a social history of Christchurch West High School and its predecessors. Christchurch: Westonians Association in conjunction with the Caxton Press. ISBN 9780473116347. 
  • Dalziel, Raewyn (1973). "Reviews: Women's Suffrage in New Zealand" (PDF). New Zealand Journal of History 7: 201–202. 
  • Devaliant, Judith (1992). Kate Sheppard: The Fight for Women's Votes in New Zealand. Auckland: Penguin Books. ISBN 9780140176148. 
  • Fleischer, Jeff (2014). Rockin' the Boat: 50 Iconic Revolutionaries from Joan of Arc to Malcolm X. San Francisco, California: Zest Books. pp. 151–154. ISBN 9781936976744. 
  • Grimshaw, Patricia (1987). Women's Suffrage in New Zealand. Auckland: Auckland University Press. ISBN 9781869400262. 
  • King, Michael (2003). The Penguin History of New Zealand. Auckland: Penguin Books. ISBN 9780143018674. 
  • Lusted, Marcia Amidon (March 2009). "International Suffrage". Cobblestone 30 (3): 40. ISSN 0199-5197. Consultado o 24 de xuño de 2015. 
  • Malcolm, Tessa K. (1993). "Sheppard, Katherine Wilson". The Dictionary of New Zealand biography. Two, 1870-1900. Wellington: Bridget Williams Books : Dept. of Internal Affairs. pp. 459–462. ISBN 0908912498. 
  • Pierce, Jill (1995). The Suffrage Trail. Wellington: National Council of Women New Zealand (NCWNZ). ISBN 0-473-03150-7. 
  • Simpson, Clare (1993). "Atalanta Cycling Club". En Else, Anne. Women Together : A History of Women's Organisations in New Zealand : Ngā Ropū Wāhine o te Motu. Wellington: Wellington Historical Branch, Department of Internal Affairs. pp. 418–419. 
  • Sulkunen, Irma (2015). "An International Comparison of Women's Suffrage: The Cases of Finland and New Zealand in the Late Nineteenth and Early Twentieth Century". Journal of Women's History 27 (4): 88–107. doi:10.1353/jowh.2015.0040. 
  • Thompson, Mervyn (1974). O! Temperance!. Christchurch: Christchurch Theatre Trust. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]