Sebastián Lelio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSebastián Lelio

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Mendoza, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile
Arxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónQ20014875 Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , guionista , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0133326 Allocine: 166672 Rottentomatoes: celebrity/sebastian_lelio Allmovie: p698546
Facebook: sebastian.lelio Twitter: Slelio Editar o valor em Wikidata

Sebastián Lelio Watt, nado en Mendoza o 8 de marzo de 1974, é un director, guionista, produtor e montaxista chileno.[1]

Entre os seus filmes máis relevantes destacan Gloria (2013) e Una mujer fantástica (2017), gañadora do Premio Óscar ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e segundo filme chileno en obter un premio da Academia (trala curtametraxe animada Historia de un oso en 2016).

Traxectoria artística[editar | editar a fonte]

Ingresou en xornalismo aínda que quería estudar cinema, pero nun principio non logrou convencer ós pais, aínda que estes ó final terminaron por ceder. A súa primeira curtametraxe, 4, filmouna sendo estudante, en 1995; fixo varias máis antes de estrear a súa primeira longametraxe en 2005, en San Sebastián: La sagrada familia. Rodada en tres días e editada durante case un ano, este filme participou en máis de cen festivais e recibiu vinte e oito premios nacionais e internacionais.

Despois dese primeiro éxito, veu Navidad (2009). Escrita na Résidence do Festival de Cannes, a cinta foi estreada na Quincena de Realizadores dese mesmo ano. El año del tigre, a súa terceira longametraxe, foi estreado na competencia internacional do Festival de Cine de Locarno de 2011.

En 2017 estreou no Festival Internacional de Cinema de Berlín Una mujer fantástica, que escribiu xunto con Gonzalo Maza. En devandito certame obtivo o premio Oso de Prata ó mellor guión e o Teddy Award á mellor longametraxe. O filme, protagonizada por Daniela Vega, narra a historia dunha muller transxénero que debe lidar coa morte da súa parella. Entre os premios obtidos durante os meses seguintes atópanse o Independent Spirit na categoría de mellor fimle estranxeiro, o Goya o mellor filme iberoamericano, e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, sendo a primeira longametraxe chilena en obter o galardón nesa categoría.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • 1995 - 4
  • 1996 - Cuatro
  • 2000 - Smog (con Marialy Rivas)
  • 2002 - Fragmentos urbanos
  • 2002 - Ciudad de maravillas
  • 2003 - Carga vital
  • 2010 - El efecto Kulechov
  • 2020 - Algoritmo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Scholz, Pablo O. (16 de febreiro de 2018). "Oscar 2018: La película chilena que puede dar el batacazo" (HTML). www.clarin.com. Consultado o 5 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]