Día da Nai

O Día da Nai é un día de festa que se celebra en honra da nai, como o Día do Pai celebra a paternidade e a crianza polos pais.
Orixe
[editar | editar a fonte]
Existían tradicións anteriores de celebración da maternidade, como entre os gregos o culto á nai ou nai dos deuses, asociado con Cibeles ou Rea[1] ou a festival de Hilaria entre os romanos[2], ou outras máis recentes como o Mothering Sunday en Inglaterra que se espallou a outros países anglosaxóns e que ten a súa orixe na tradición que data do século XV cando os que estaban fóra volvían á igrexa onde foran bautizados (mother church) para o servizo do cuarto domingo de coresma, e como era tamén cando os nenos e mozos que servían fóra volvían ver á nai tamén pasou a coñecerse na época moderna como Día da Nai [3].
Non obstante, a moderna celebración do Día da Nai celebrouse por primeira volta o 10 de maio de 1908, cando Anna Jarvis celebrou un servizo pola súa nai na igrexa metodista de Santo André en Grafton (Virxinia Occidental)[4] que se continuou pola tarde en Filadelfia nunha concentración nun auditorio ao que foron 15000 persoas .[5]Jarvis iniciara unha campaña para que o Día da Nai fose festa nacional nos Estados Unidos en 1905, o ano da morte de súa nai, Ann Reeves Jarvis, unha recoñecida pacifista e creadora de clubs de traballo do día da nai, nos que se abordaba de temas de saúde[6]. Aínda que non logrou ao primeiro o recoñecemento federal, en 1911 todos os estados celebraban o día [7] e en 1914 o presidente Woodrow Wilson asinaba a proclamación do segundo domingo de maio como festivo nacional como Día da Nai [8].
Data de celebración
[editar | editar a fonte]| Segundo domingo de febreiro | Noruega |
| 30 de Shevat (cae entre o 30 de xaneiro e o 1 de marzo) | Israel |
| 3 de marzo | Xeorxia |
| 8 de marzo | Azerbaidján, Afganistán, Albania, Armenia, Belarús, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Burundi, Burkina Faso, Eslovenia, Macedonia do Norte, Montenegro, Romanía, Rusia, Serbia, Romanía, Ucraína, Vietnam. A data coincide co Día Internacional da Muller. |
| 15 de marzo | San Marino |
| Cuarto domingo de Coresma | Irlanda, Nixeria, Reino Unido |
| 21 de marzo | Bahrain, Exipto, Líbano, Palestina, Siria, Xordania |
| 7 de abril | Armenia |
| Primeiro domingo de maio | Hungría, Lituania, Portugal, España |
| 8 de maio | Corea do Sur |
| 10 de maio | O Salvador, India, México, Omán, Paquistán, Qatar, Singapur |
| Segundo domingo de maio | Alemaña, Anguila, Aruba, Australia, Austria, Bahamas, Barbados,Bangladesh, Bélxica, Belize, Bermudas, Bonaire, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Cuba, Croacia, Curaçao, Chequia, Dinamarca, Ecuador, Estonia, Finlandia, Grecia, Granada, Honduras, Hong Kong, Islandia, Italia, Letonia, Malta, Malaisia, Países Baixos, Nova Zelandia, Perú, Filipinas, Porto Rico, Eslovaquia, Suráfrica, Suriname, Suíza, Taiwán, Trinidad e Tobago, Turquía, Estados Unidos, Uruguai, Venezuela, Xamaica, Xapón |
| 26 de maio | Polonia |
| 27 de maio | Bolivia |
| Último domingo de maio | Francia, República Dominicana, Haití, Suecia |
| 30 de maio | Nicaragua |
| 12 de agosto | Tailandia (nacemento da raíña Sirikit Kitiyakara) |
| 15 de agosto | Costa Rica |
| Segundo ou terceiro domingo de outubro | Arxentina |
| 8 de decembro | Panamá |
| 22 de decembro | Indonesia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noel Robertson (1996). "The Ancient Mother of the Gods. A Missing Chapter in the History of Greek Religion". En Eugene N. Lane. Cybele, Attis and Related Cults: Essays in Memory of M.J. Vermaseren. BRILL. p. 239.
- ↑ William Smith (1853). Dictionary of Greek and Roman Antiquities. C.C. Little and J. Brown. p. 608.
- ↑ "Mothering Sunday"". BBC. 4 de marzo de 2010.
- ↑ Kaag, John; Cleary, Skye C. (2018-05-10). "Nietzsche Wishes You an Ambivalent Mother's Day". The Paris Review. Consultado o 2018-05-13.
- ↑ O'Reilly, Andrea (2010). Encyclopedia of Motherhood. Sage Publications (CA). p. 602. ISBN 978-1-4522-6629-9.
- ↑ "Engaging Families - U.S. Department of Education". www2.ed.gov. 14 de decembro de 2017.
- ↑ Antolini, Katharine Lane (2010). "Jarvis, Anna"". Encyclopedia of Motherhood. Sage. p. 602.
- ↑ Lois M. Collins (6 de maio de 2014). "Mother's Day 100-year history a colorful tale of love, anger and civic unrest". Deseret News. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2019. Consultado o 06 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día da Nai |