Ratatosk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un manuscrito islandés do século XVII representando a Ratatösk cun corno.

Na mitoloxía nórdica, Ratatosk (en nórdico antigo, xeralmente se lle considera «dente perforador»[1][2][3] ou «dente broca»[4]) é un esquío que corre de arriba abaixo pola árbore do mundo Yggdrasil levando mensaxes entre a aguia sen nome, pousada na copa, e o dragón Níðhöggr, que reside baixo unha das tres pólas da árbore. Ratatosk aparece mencionado na Edda poética, compilada no século XIII de fontes tradicionais máis temperás, e na Edda prosaica, escrita no mesmo século por Snorri Sturluson. Diversos eruditos teñen proposto teorías sobre as implicacións do esquío.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Ratatosk está formado por dous elementos: rata- e -tosk. Este último considérase maiormente que significa «cabeiro». Guðbrandur Vigfússon teoriza que o elemento rati- significa «o viaxante». Vigfússon afirma que o nome do lendario trade Rati podería presentar o mesmo termo. De acordo con Vigfússon, Ratatosk significa «o cabeiro viaxante» ou «o cabeiro trepador».[5]

Sophus Bugge á súa vez teoriza que o nome Ratatosk é un empréstamo do inglés antigo que significa «Rat-tooth», «Rata-dente» literalmente. Esta teoría baséase no feito de que o elemento -tosk do composto non aparece en ningún outro lugar no nórdico antigo. Bugge propón que dito elemento é unha reforma da palabra tūsc do inglés antigo (en frisón antigo tusk) e que, en cambio, o elemento Rata- representa o vocablo ræt («rata») tamén do inglés antigo.[6]

Segundo Albert Sturtevant, «no que respecta ao elemento Rata-, a hipótese de Bugge non ten fundamentación válida en vista do feito de que o vocablo [en nórdico antigo] Rata (forma de Rati*) emprégase en Háv[amál] (106, 1) para nomear o instrumento que emprega Odín para perforar a través das rochas en busca do hidromel dos poetas [...]», e que «Rati* debe considerarse un vocablo nativo [en nórdico antigo] que significaba "o perforador, roedor" [...]».[a][6]

Sturtevant explica que a teoría de Bugge sobre o elemento -tosk parece estar sustentada polo feito de que a palabra non aparece en ningún lugar máis do nórdico antigo. Con todo, discrepa con esta teoría, xa que afirma que o nome propio en nórdico antigo Tunne (derivado do protonórdico *Tunþē) refírese a «unha persoa caracterizada portando unha clase peculiar de dente»,[b] e especula unha forma protoxermánica de -tosk. Sturtevant conclúe que «o feito de que a palabra ocorra só no nome Rata-toskr non é evidencia válida contra esta asunción, xa que hai moitos hapax legomena de orixe nativa [en nórdico antigo], como se comproba nos equivalentes dos dialectos escandinavos modernos».[c][7] Os eruditos modernos aceptaron esta etimoloxía, deixando o significado de Ratatosk como «dente tadreador», como Jesse Byock, Andy Orchard, e Rudolf Simek,[1][2][3] ou «dente perforador», como John Lindow.[4]

Testemuños[editar | editar a fonte]

Un esquío vermello nunha árbore perenne en Noruega.

No poema Grímnismál da Edda poética, o deus Odín (disfrazado como Grímnir) afirma que Ratatosk corre de arriba abaixo da árbore Yggdrasil levando mensaxes entre a aguia na copa e Níðhögg nas súas raíces:

Tradución aproximada baseada na de Benjamin Thorpe:
Ratatösk chámase o esquío, que corre
no freixo Yggdrasil;
de arriba as palabras da aguia debe levar,
e bajo Nidhögg repetilas.[d][8]
Tradución aproximada baseada na de Henry Adams Bellows:
Ratatosk é o esquío que alí debe correr
No freixo Yggdrasil;
Dende arriba as palabras da aguia leva,
e dillas a Nithhogg debaixo.[e][9]

No libro Gylfaginning da Edda prosaica, menciónase a Ratatosk no capítulo 16. Nel, Gangleri (descrito como o rei Gylfi disfrazado) pregúntalle a Hár que outros feitos notables hai por coñecer sobre Yggdrasil. A declaración de Hár concorda coa de Grímnismál, mais agrega que as mensaxes son chismes calumniosos:

Hai moito por contar. Unha aguia xace na copa do freixo, e ten coñecemento sobre moitas cousas. Entre os seus ollos xace o falcón chamado Vedrfolnir [...]. O esquío chamado Ratatosk [...] corre de arriba abaixo do freixo. Exclama chismes calumniosos, provocando á aguia e a Nidhogg.[f][10]

Teorías[editar | editar a fonte]

De acordo con Rudolf Simek, «o esquío probablemente só representa un detalle decorativo da imaxe mitolóxica do freixo do mundo en Grímnismál».[g][2] H. R. Ellis Davidson, describindo a árbore do mundo, afirma que o esquío tamén o roía, o que continúa o ciclo de destrución e reconstrución, e propón a árbore como simbolización da constante mudanza existencial.[11] John Lindow sinala que se describe a Yggdrasil como podre dun lado e ao mesmo tempo masticado por catro cervos e por Nídhögg, e que, segundo o relato de Gylfaginning, tamén soporta a hostilidade verbal que lle propina a fauna que mantén. Lindow engade que «nas sagas, unha persoa que axuda a atizar e manter vivo un feudo levando palabras maliciosas entre os bandos é raramente alguén de status elevado, o que explicaría que se lle asignara este rol na mitoloxía a un animal relativamente insignificante»,[h][4] esta interpretación é compartida polofilósofo e humanista dinamarqués Heinrich Niedner, quen afirma que Ratatosk corre de arriba a abaixo pola árbore co obxectivo de provocar unha loita entre a aguia e a serpe Níðhöggr.[i][12]

Richard W. Thorrington Jr. e Katie Ferrell ao mesmo tempo propoñen que «o rol de Ratatosk probablemente derivou do hábito doss esquíos de árbore europeos (Sciurus vulgaris) de ter unha resposta confrontativa fronte ao perigo. Non fai falta moita imaxinación para pensar que o esquío está dicindo cousas feas dun».[j][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No inglés orixinal: «[As] far as the element Rata- is concerned, Bugge's hypothesis has no valid foundation in view of the fact that the [Old Norse] word Rata (gen. form of Rati*) is used in Háv[amál] (106, 1) to signify the instrument which Odin employed for boring his way through the rocks in quest of the poet's mead [...]» y que «Rati* must then be considered a native [Old Norse] word meaning "The Borer, Gnawer" [...].»
  2. No inglés orixinal: «A person who is characterized as having some peculiar sort of tooth
  3. No inglés orixinal: «The fact that the [Old Norse] word occurs only in the name Rata-toskr is no valid evidence against this assumption, for there are many [Old Norse] hapax legomena of native origin, as is attested by the equivalents in the Mod[ern] Scandinavian dialects.»
  4. No inglés orixinal: «Ratatösk is the squirrel named, who has run / in Yggdrasil's ash; / he from above the eagle's words must carry, / and beneath the Nidhögg repeat.»
  5. No inglés orixinal: «Ratatosk is the squirrel who there shall run / On the ash-tree Yggdrasil; / From above the words of the eagle he bears, / And tells them to Nithhogg beneath.»
  6. No inglés orixinal: «There is much to be told. An eagle sits at the top of the ash, and it has knowledge of many things. Between its eyes sits the hawk called Vedrfolnir [...]. The squirrel called Ratatosk [...] runs up and down the ash. He tells slanderous gossip, provoking the eagle and Nidhogg.»
  7. No inglés orixinal: «The squirrel probably only represents an embellishing detail to the mythological picture of the world-ash in Grímnismál. »
  8. No inglés orixinal: «In the sagas, a person who helps stir up or keep feuds alive by ferrying words of malice between the participants is seldom one of high status, which may explain the assignment of this role in the mythology to a relatively insignificant animal.»
  9. Niedner cita a Níðhöggr como serpe e non como dragón.
  10. No inglés orixinal: «The role of Ratatosk probably derived from the habit of European tree squirrels (Sciurus vulgaris) to give a scolding alarm call in response to danger. It takes little imagination for you to think that the squirrel is saying nasty things about you.»
Referencias
  1. 1,0 1,1 Orchard 1997, p. 129.
  2. 2,0 2,1 2,2 Simek & Hall 2007, p. 261.
  3. 3,0 3,1 Byock 2005, p. 173.
  4. 4,0 4,1 4,2 Lindow 2001, p. 259.
  5. Vigfusson 1874, p. 483.
  6. 6,0 6,1 Sturtevant 1956, p. 111.
  7. Sturtevant 1956, pp. 111–112.
  8. Thorpe 1907, p. 23.
  9. Bellows 1936, p. 97.
  10. Byock 2005, p. 26.
  11. Davidson 1993, p. 68-69.
  12. Niedner, Heinrich (1997). Mitología Nórdica (en castelán). Edicomunicación. p. 29. ISBN 84-7672-781-X. 
  13. Thorington Jr. & Ferrell 2006, p. 142.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]