Nava Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nava Castro
Navacastrocomision2-Praza Publica.png
Nacemento6 de marzo de 1969
Lugar de nacementoPonteareas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
PaiJosé Castro Álvarez
editar datos en Wikidata ]

María Nava Castro Domínguez, nada en Ponteareas o 6 de marzo de 1969, é unha política galega do PPdeG. Foi alcaldesa de Ponteareas entre o 2000 e 2003. Dende o 2013 é a directora de Turismo de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas entre 1968 e 2000. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Foi tenente de alcalde do concello de Ponteareas, Concelleira de Economía e Facenda e de Servizos Sociais. En setembro de 1998 entrou no Parlamento de Galicia substituíndo a Pablo Crespo, pero remataría renunciando aos poucos meses trala condena do seu pai José Castro Álvarez por corrupción (falsidade documental e prevaricación) en solidariedade pola actitude de abandono por parte do partido.

Nas eleccións municipais de 1999 seu pai concorreu con Unión Condado-Paradanta (UPCA) con ela de número 3, mantendo a alcaldía. Trala denegación do indulto por parte do Goberno de Aznar á condena do seu pai substituíno como alcaldesa de Ponteareas en setembro de 2000[1][2]. Concorreu como candidata de UCPA nas eleccións municipais de 2003 e perdeu a alcaldía, xa que o candidato do PSdeG Francisco Candeira recibeu o apoio dos concelleiros do BNG e do PPdeG. En maio de 2004 apoiou unha moción de censura que lle deu a alcladía ao candidato popular Salvador González Solla. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a UPCA, pero nesta ocasión foi superada tanto polo BNG como polo seu socio de goberno do PPdeG, co cal volveu a pactar para evitalo acceso dos nacionalistas á alcaldía. En 2008 o partido disolveuse e integrouse no Partido Popular.[3]

Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida deputada polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra. Renunciou en maio de 2009. Foi Directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e, dende o 17 de xaneiro de 2013, secretaria xeral de Turismo da Xunta,[4] posto que posteriormente se renomeou como directora.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Castro Álvarez
Coat of Arms of Ponteareas.svg
Alcaldesa de Ponteareas

2000 - 2003
Sucesor:
Francisco Candeira