Unión Deportiva Mutilvera
Mutilvera | |||
---|---|---|---|
Nome | Unión Deportiva Mutilvera | ||
Alcume(s) | Blancos | ||
Fundación | 1968 | ||
Estadio | Mutilnova, Mutiloa, Navarra | ||
Inauguración | 2007 | ||
Presidente | Marino Abardía | ||
Adestrador | Unai Jauregui | ||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
2015–16 | 4º (3ª – Grupo 15) | ||
Na rede | |||
| |||
A Unión Deportiva Mutilvera é un equipo de fútbol español da localidade de Mutiloa, en Navarra. Fundouse en 1968 e actualmente compite na Segunda División B Española.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1968 empezando a xogar no Trofeo Boscos da Comarca de Pamplona.
No ano 1993 inscríbese a Unión Deportiva Mutilvera no rexistro de asociacións deportivas para a práctica do fútbol, tenis e pelota. É na tempada 1996/97 cando o club comeza a súa andaina en categoría superior federando o primeiro equipo en Primeira Rexional de Navarra.
Na 2001/02 xoga por primeira vez en Terceira División. Desde entón a Mutilvera é un dos equipos fortes do grupo XV; consegue 3 subcampionatos (2004/05, 2007/08 e 2012/13) e consegue clasificarse para a promoción de ascenso a Segunda División B en 9 tempadas.
A tempada 2015/16 tras ser cuarto clasificado no grupo XV de Terceira División. Consegue ascender a Segunda División B despois de eliminar o play off a Gimnástica de Torrelavega, Zamora CF e UB Conquense polo que a tempada 2016/17 xogará por primeira vez na súa historia na categoría de bronce do fútbol español.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón azul e medias brancas con detalles granates.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias vermellas.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Terceira División (3): 2004-05, 2007-08, 2012-13.