Bandeira do Nepal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Nepal
Bandeira do Nepal
Características
Uso
Proporción5:4
Adopción16 de decembro de 1962
Cores     Vermello     Azul     Branco

A bandeira do Nepal (en nepalés: नेपालको झण्डा) é a única bandeira dun estado soberano que non ten forma cuadrangular (fóra de bandeiras de estados soberanos está tamén a do estado norteamericano de Ohio). A bandeira é unha combinación simplificada de dous pendóns sinxelos. A súa cor vermella escarlata é a cor dos rododendros, a flor nacional do país. O vermello é tamén o signo da vitoria na guerra. O azul representa á paz. Até 1962, nos emblemas da bandeira, o sol e a lúa crecente, había rostros humanos. Os rostros permaneceron no estandarte real até a abolición da monarquía en 2008.

Interpretación[editar | editar a fonte]

O bordo azul simboliza a paz e a harmonía que prevaleceu no país desde a época de Buda Siddhartha Gautama, que naceu no actual territorio do Nepal. O vermello escarlata é a cor nacional do país, e reflicte o espírito valente do pobo nepalés. Os dous triángulos simbolizan as montañas do Himalaia e as súas dúas grandes relixións, o hinduísmo e o budismo.

A bandeira triangular de cor vermella foi un símbolo hindú da vitoria dende a época do Ramayana e o Mahabharata. A representación dos corpos celestes representa a permanencia, a esperanza de que Nepal durará tanto como o sol e a lúa. A lúa é símbolo de que os nepaleses son calmos, mentres o sol simboliza a resolución feroz. A lúa simboliza tamén as sombras e o clima frío da cordilleira do Himalaia, mentres que o sol simboliza a calor e a alta temperatura na parte inferior (Tarai) do Nepal.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Primeira bandeira do Nepal coas faces no sol e a lúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]