Saltar ao contido

Miroslav Đukić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiroslav Đukić

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Мирослав Ђукић Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Šabac, Serbia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,85 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaIugoslavia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–1989 FK Mačva Šabac 87(4)
1989–1991 Rad Belgrado 60(2)
1991–1997   Deportivo da Coruña 217(7)
1997–2003   Valencia CF 156(4)
2003–2004   Club Deportivo Tenerife 27(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1991   Iugoslavia 2(0)
1991–2001   Serbia e Montenegro 48(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–2020   Sporting de Gijón Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Eurocopa de 2000
1998Mundial de Fútbol Francia 1998 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 158757 Editar o valor en Wikidata

Miroslav Đukić (en serbio: Мирослав Ђукић, ás veces citado, sobre todo en España, como Miroslav Djukić), nado en Šabac (daquela pertencente a Iugoslavia) o 19 de febreiro de 1966, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol serbio. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección iugoslava e serbia. Actualmente adestra o FK Partizan.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira no club da súa cidade natal, o FK Mačva Šabac, onde permaneceu ata fichar polo FK Rad en 1989. Tras unha tempada incorporouse ao Deportivo da Coruña, por entón na Segunda División de España. Djukic foi un dos protagonistas da eclosión do Deportivo entre os grandes do fútbol español. O serbio será recordado por fallar un penalti no último minuto da última xornada da tempada 1993/94, o que permitiria ao club galego conquistar a súa primeira liga. Aínda así, a seguinte tempada logrou o primeiro título para o club coruñés, a Copa do Rei, xogando como titular a final contra o Valencia. Posteriormente conquistou a Supercopa de España, antes de fichar polo Valencia CF o verán de 1997. A pesar da súa experiencia (chegou a Valencia con 31 anos), permaneceu no club levantino seis tempadas, nas que conquistou finalmente o campionato ligueiro en 2002. Terminou a súa carreira a tempada 2003/04 nas filas do CD Tenerife.

Djukic era un libero técnico e elegante, sempre estaba ben colocado e moi poucas veces cometía erros, o que outorgaba unha gran seguridade á defensa da que formaba parte. Adoitaba sacar o balón controlado desde atrás mostrando detalles de gran calidade individual e incorporándose con gran forza ao ataque. Ademais era un futbolista frío e sereno e resultaba moi difícil verlle perder a compostura sobre o terreo de xogo. Durante a súa estancia no Deportivo foi tremendamente regular, apenas se perdeu partidos ao longo dos campionatos, xa que as lesións respectáronlle ao máximo e as sancións foron case descoñecidas para el, nunca recibindo unha cartolina vermella, posto que case non necesitaba cometer faltas para arrebatar o balón aos dianteiros contrarios, cousa que facía con grande elegancia. A todo o anterior, hai que sumarlle o seu gran traballo e esforzo os 90 minutos, e a súa capacidade de liderado no terreo de xogo.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Tras retirarse regresou a vivir a Valencia, onde exerceu de comentarista deportivo en varias emisoras de radio e, simultaneamente, sacouse o carné de adestrador. O seu primeiro reto foi á fronte da selección sub-21 de Serbia, coa que se proclamou subcampión de Europa.

A principios de 2007 asumiu a dirección técnica do FK Partizan Belgrado da primeira división serbia, alcanzando o subcampionato de liga. En decembro de 2007 decidiu non renovar o seu contrato cos grobari e pouco despois foi designado seleccionador nacional de Serbia, en substitución de Javier Clemente. Posteriormente substituioo no cargo Radomir Antić.

Djukic fíxose cargo do Hércules CF os nove últimos partidos da tempada 2010–11, en substitución do cesado Esteban Vigo.

O 20 de outubro de 2014 foi anunciado como novo adestrador do Córdoba CF, en substitución de Chapi Ferrer.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo
Valencia

Adestrador

[editar | editar a fonte]
Serbia sub-21

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]