Martin de Ginzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartin de Ginzo
Actividade
Ocupaciónxograr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Martin de Ginzo foi un xograr galego ou portugués do século XIII.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudosos como A. Da Costa Lopes sosteñen que é orixinario de Portugal, existe unha localidade chamada Ginzo na rexión de Barcelos, pero tamén existen as localidades galegas de Xinzo de Limia e, en especial, unha parroquia de Ponteareas onde se cre que se atopaba a ermida citada nas súas cantigas.[2][3][4] Ramón Lorenzo suxire que estaría activo nos reinados de Fernando III ou Afonso X, baseándose na mención que fai á guerra nunha das súas composicións.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse oito cantigas de amigo, das cales sete pertencen ao subgénero denominado cantigas de romaría, compostas conforme a estrutura tradicional (paralelismo con leixaprén e rima asoante).[6][7] Nunha das súas cantigas cita un instrumento musical chamado adufe.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). ISSN 1989-4546. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  2. António DA COSTA LOPES, Martim de Ginzo, jogral português, “4 Ventos”, I (1959), pp.192-209; Idem, A naturalidade portuguesa do jogral Martim de Ginzo. Anotações críticas, “ODistrito de Braga”, II (1964), pp. 177-188
  3. "Toponimia. Ermida de Santa Cecília". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  4. "A toponímia das cantigas". usc.es. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  5. "Martim de Ginzo". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  6. "Martim de Ginzo - Todas as cantigas". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  7. Gutiérrez García, Santiago (2009). "LAS CANTIGAS DE SANTUARIO Y LA PEREGRINACIÓN DE SANCHO IV A SANTIAGO,S.Gutiérrez García - BIBLIOTECA GONZALO DE BERCEO". vallenajerilla.com (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2021. 
  8. "Martim de Ginzo". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 12 de abril de 2021.