The Lion King II: Simba's Pride é un filme estadounidense de animación de 1998 que é unha secuela de The Lion King.
Producido por Walt Disney Pictures e Walt Disney Animation Australia e estreado o 27 de outubro de 1998, o filme céntrase na historia da filla de Simba e Nala, Kiara, que se namora de Kovu, un león desterrado que fora leal ó malvado tío de Simba, Scar.