Joomla!
Joomla! | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Open Source Matters |
Publicación inicial | 17 agosto 2005 |
Última versión | 5.0.0 (17 outubro 2023[1]) |
Repositorio | github |
Escrito en | PHP, JavaScript |
Sistema operativo | Microsoft Windows, Unix-like |
Plataforma/s | CMS |
Lingua/s | Varias Galego: ![]() |
Licenza | Licença Pública Geral GNU, versão 2.0 ou posterior |
Sitio web | https://www.joomla.org |
Joomla! é un sistema de administración de contidos código aberto baixo PHP que é utilizado para publicar en Internet e en intranets. Este sistema utilízase cunha base de datos MySQL. Joomla! contén utilidades como feed RSS, blogs e foros, entre outras.
O seu nome é unha pronunciación fonética da verba suahili jumla que vén a dicir todos xuntos.
A primeira versión do Joomla! (Joomla! 1.0.0) foi publicada no 16 de setembro do 2005. Tratábase dunha versión mellorada do Mambo 4.5.2.3 mesturada con outras modificacións de seguridade e anti-bugs. Posteriormente, os programadores publicaron Joomla! 2.0 baixo un código completamente reescrito e construído baixo PHP 5.
Joomla! esta publicado baixo unha licenza GNU GPL.
Extensións[editar | editar a fonte]
Unha das melloras que ten este CMS é a gran cantidade de extensións programadas que fan tódolos usuarios, e que fan crecer as posibilidades do Joomla! con novas características que se integran de xeito sinxelo no programa. Por exemplo o bot Wikibot[2] permite crear automaticamente de xeito dinámico e sen intervención humana hipeligazóns nos contidos da web que ligan cara artigos da Wikipedia, sempre que existan.
Joomla! en galego[editar | editar a fonte]
O galego é unha das traducións oficiais de Joomla! desde a versión 1.5.11 (2009-06-05). A tradución de dita versión oficial está a ser mantida por Proxecto Trasno.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Release 5.0.0". 17 outubro 2023. Consultado o 19 outubro 2023.
- ↑ "WikiBot version history". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2006. Consultado o 23 de agosto de 2006.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joomla! |
![]() |
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |