Liga ACB 2001-02

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2001-02 da Liga ACB foi a 19ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. Na final o Tau Cerámica derrotou ó Unicaja Málaga, acadando o seu 1º campionato nacional de liga.

Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e mais adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Así ficou a táboa clasificatoria ó remate da tempada regular:

Rolda final[editar | editar a fonte]

Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final e semifinais xogouse ó mellor de 3 encontros. Na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 34 encontros da tempada regular, o campión tivo que gañar 9 encontros para poder acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias:

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 FC Barcelona  3
  8 Caprabo Lleida  1  
  1 FC Barcelona  1
    4 TAU Cerámica  3  
  4 TAU Cerámica  3
  5 Pamesa Valencia  1  
  4 TAU Cerámica  3
    2 Unicaja Málaga  0
  3 Real Madrid CF  2
  6 Adecco Estudiantes  3  
  6 Adecco Estudiantes  0
    2 Unicaja Málaga  3  
  2 Unicaja Málaga  3
  7 Jabones Pardo Fuenla.  0  


O campión da edición 2001-2002 da Liga ACB foi o Tau Cerámica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]