Liga ACB 2010-11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2010-11 da Liga ACB foi a 28ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 30 de setembro de 2010, e rematou o 14 de xuño de 2011 co derradeiro encontro da final, na que o Regal FC Barcelona acadou o campionato.

Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e mais adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Así ficou a táboa clasificatoria ó remate da tempada regular:

Rolda final[editar | editar a fonte]

Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Nos cuartos de final xogouse ó mellor de 3 encontros. Nas semifinais e na final xogouse ó mellor de 5 encontros. É dicir, tralos 34 encontros da tempada regular, o campión aínda tivo que gañar 8 encontros para acada-lo campionato de liga. Así foron os enfrontamentos nas eliminatorias:

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 Regal FC Barcelona  2
  8 Unicaja Málaga  0  
  1 Regal FC Barcelona  3
    4 Caja Laboral  0  
  4 Caja Laboral  2
  5 Gran Canaria 2014  0  
  1 Regal FC Barcelona  3
    6 Bizkaia Bilbao Basket  0
  2 Real Madrid CF  2
  7 B. Fuenlabrada  0  
  2 Real Madrid CF  1
    6 Bizkaia Bilbao Basket  3  
  3 Power Electronics V.  0
  6 Bizkaia Bilbao Basket  2  


O campión da edición 2010-2011 da Liga ACB foi o Regal FC Barcelona.

Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Quinteto ideal da tempada

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Categoría Xogador Equipo Media Encontros Total
Valoración Flag of the United States.svg Nik Caner-Medley Asefa Estudiantes 17,6 31 547
Puntos por encontro Flag of the United States.svg Jaycee Carroll Gran Canaria 2014 19,6 34 668
Rebotes por encontro Flag of the United States.svg Rob Kurz CB Granada 9,06 17 154
Asistencias por encontro Flag of Brazil.svg Marcelinho Huertas Caja Laboral Baskonia 5,88 34 200
Tapóns por encontro Flag of the United States.svg D'or Fischer Real Madrid CF 1,65 34 56
Recuperacións por encontro Flag of the United States.svg Omar Cook Power Electronics Valencia 2,24 34 76
Mates por encontro Flag of the United States.svg Marcus Slaughter Blancos de Rueda Valladolid 1,44 34 49
Porcentaxe de tiros de 1 Flag of the United States.svg Jimmy Baron Lagun Aro GBC 98,59% 34 70/71
Porcentaxe de tiros de 2 Flag of Mexico.svg Gustavo Ayón Baloncesto Fuenlabrada 66,53% 33 157/236
Porcentaxe de tiros de 3 Flag of the United States.svg Chad Toppert CAI Zaragoza 53,13% 32 51/96
Perdas Flag of Canada.svg Carl English DKV Joventut Badalona 3,18 17 54

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]