CB Salamanca
| Baloncesto Salamanca | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Fundación | 1993 |
| Desaparición | 1996 |
| Cores | Vermello, laranxa |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Municipal de Würzburg |
| Capacidade | 5 000 |
O Club Baloncesto Salamanca foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Salamanca, Castela e León. Fundado en 1993, existiu durante tres temporadas, dúas das cales competiu na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Club Baloncesto Salamanca foi fundado en 1993 comprando a praza na 1ª División, naquela altura segunda categoría do baloncesto español, ao Askatuak SBT de Donostia. Na súa primeira temporada o equipo finaliza en segundo lugar, clasificando á fase de ascenso á Liga ACB. Nos playoffs consegue gañar na final ao Club Baloncesto Canarias no Ríos Tejera de Tenerife no quinto e definitivo xogo da eliminatoria.
Na temporada 1994−95 o Salamanca debuta na ACB, terminando a temporada con apuros na décimo sexta posición da táboa clasificatoria. Na segunda temporada o club mellora os seus resultados e consegue finalizar a temporada en novena pocisión, adquirindo así o dereito a participar na seguinte temporada na Copa Korać. Porén, debido a problemas financeiros, o club acaba por vender a súa praza, tanto na ACB como na Korać ao Club Baloncesto Granada. Alén da ACB, o Salamanca foi campión da Copa de Castela e León en 1994 e subcampión en 1995.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista con todos os adestradores do Salamanca.
Fernando Merchante (1993−1994)
Ricardo Hevia (1994−1995)
Pedro Martínez (1995−1996)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeo Castela e León
- Campións (1): 1994
- Subcampións (1): 1995
Historial
[editar | editar a fonte]| Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1993–94 | 2 | 1º Div. | 2º | 27–14 | ||||||
| 1994–95 | 1 | ACB | 16º | 17–21 | ||||||
| 1995–96 | 1 | ACB | 9º | 19–19 | ||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Salamanca: Sueño fugaz". acb.com.