CB Ciudad de Huelva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ciudad de Huelva
Palacio deportes Huelva.JPG
Información xeral
Fundación 1976
Refundación 1996
Desaparición 2008
Historia Huelva 76 (1976−1996)
Cores           Branco, azul
Presidente España Francisco Bayo (último)
Localización
Cidade España Huelva, España
Pavillón Palacio de los Deportes
Capacidade 5 500
Campionatos
Liga LEB 1 (1997)

O Club Baloncesto Ciudad de Huelva foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Huelva, Andalucía. Herdeiro do Huelva 76, o club foi fundado como Sociedade Anónima Deportiva en 1996, a primeira da provincia de Huelva. Desde a conversión en SAD, o club competiu principalmente na Liga LEB. O seu maior éxito foi o ascenso á Liga ACB despois de gañar a LEB en 1997. Desapareceu no verán de 2008 ao non poder inscribirse na Liga LEB por mor de problemas económicos.

Historia[editar | editar a fonte]

O Caja Huelva[editar | editar a fonte]

O CB Cidade de Huelva foi o herdeiro natural do Huelva 76, fundado en 1976 e que competiu na Terceira División (cuarta categoría do baloncesto nacional). En 1984 deu paso ao Caja Huelva,[1] que logrou ascender na temporada do seu debut (1984−85) cun elenco composto netamente por xogadores onubenses. O Caja Huelva logrou a permanencia o primeiro ano na 2ª División (o que hoxe sería a LEB Prata) e, ao ano seguinte, disputou o playoff polo ascenso á 1ª División B (actual LEB Ouro) que conseguiu un ano despois.

Coa estrea onubense na segunda categoría chegou o primeiro estranxeiro da historia do club, o ala-pivote estadounidense Voise Winters. Após un primeiro ano complicado, o Caja Huelva descende de novo tras perder (3-2) nun axustado playoff pola permanencia ante o Obradoiro. Porén, o club recibe a invitación para continuar en 1ª B na seguinte temporada, conseguindo facer esta vez unha mellor campaña e mesmo clasficándose ao playoff polo ascenso á Liga ACB. Na seguinte temporada, o Caja Huelva volve meterse nos playoffs polo ascenso á máxima categoría, de novo sen éxito.

O Monte Huelva[editar | editar a fonte]

Para a temporada 1991−92, o club adopta unha nova denominación: El Monte Huelva, que sería utilizado até a fundación do CB Ciudad de Huelva e que resultou moi popular entre os afeccionados. Tanto é así que moitos seguidores continuaron referíndose ao club con ese nome até a súa desaparición. Con xogadores como o onubense Miguel Anxo Vilchez ou o estadounidense Tom Gneiting e o técnico Juan Llaneza, o Monte Huelva disputa os seus terceiros playoffs consecutivos buscando a liga ACB, sendo eliminados polo Prohaci Mallorca.

Na 1992/93, o Monte Huelva de Manuel Fernández Rei, "Pirulo", cadra a mellor tempada da súa historia e chega á última fase do playoff de ascenso, quedándose ás portas da liga ACB fronte ao CB Cornellà. Na temporada 1993−94, o Monte Huelva confíalle o banco ao recentemente retirado Quino Salvo con Sergio Valdeolmillos como o seu segundo; o técnico vigués guía ao equipo aos seus quintos playoffs de ascenso consecutivos, sendo eliminados polo Sant Josep de Badalona. No extradeportivo, comezaron os problemas económicos para a entidade e os atrasos nos pagos aos xogadores, que estiveron a piques de encerrarse como medida de protesta para esixir a súa nómina. Esa foi a última tempada da 1ª División "B".

A Federación Española de Baloncesto reestruturou as cetegorías do baloncesto español e creou a liga EBA, que pasaría a ser a segunda categoría, cuxa primeira edición sería a 1994−95. O Monte Huelva debutou nesta competición da man de Sergio Valdeolmillos, que afrontaba a súa primeira experiencia como primeiro adestrador. Tras unha campaña irregular, o Monte Huelva venceu nos playoffs pola permanencia ao Caja San Fernando, eludindo así o descenso de categoría. A temporada 1995−96 foi a última do club como Monte Huelva. Coa chegada de Ray Smith e unha masa social cada vez máis importante, o cadro onubense completa unha boa temporada e clasifícase para disputar a fase de ascenso en Lugo sen premio.

O Ciudad de Huelva[editar | editar a fonte]

No verán de 1996 o Monte Huelva decide que non podía disputar a seguinte temporada debido ás dificultades económicas que atravesaba. O seu relevo levouno a cabo o CB Huelva, SAD, sendo a primeira Sociedade anónima deportiva da provincia. A estrea do novo club produciríase nunha nova categoría que tamén ía ver a luz ese ano, a liga LEB. O CB Huelva finalizou a temporada en cuarta posición, clasificándose para os playoffs de ascenso á liga ACB. En cuartos de final enfrontouse ao Viajes Aliguer, ao que superou por 3−0, e en semifinais ao BC Andorra, ao que superou por 3−2. Isto supuña o ascenso do club á máxima categoría. Na final, o Huelva venceu ao Alerta Cantabria e tivo a honra de converterse no primeiro campión da LEB.

O CB Huelva estreou denominación na temporada 1997−98, pasando a chamarse Ciudad de Huelva. O equipo de Sergio Valdeolmillos debuta na liga ACB no Pazo dos Deportes Paco Paz ante o Xacobeo 99 Ourense, perdendo por un 87-84. Granger Hall debutou coa camiseta onubense neste partido e sumou un dobre-dobre con 25 puntos, 12 rebotes e 38 de valoración. O debut como local tivo lugar na segunda xornada ante o Pamesa Valencia no Palacio de Deportes de Sevilla, pavillón do Caja San Fernando, xa que o Polideportivo Andrés Estrada non cumpría coas condicións para acoller partidos da ACB. No encontro, o Cidade de Huelva volveu caer por un igualado 67-71. A dinámica negativa do CB Cidade de Huelva prolongouse até o mes de novembro, con 11 derrotas en 12 partidos.

Na décimo terceira xornada, o Ciudad de Huelva impúxose no Nou Congost ao TDK Manresa, que ao cabo sería o campión daquela tempada. Con todo, o Ciudad de Huelva perdeu os catro seguintes partidos, finalizando a primeira volta na última posición co paupérrimo bagaxe de 2 vitorias e 15 derrotas. Isto o que propiciou a destitución do técnico Sergio Valdeolmillos, pasando José María Oleart a encabezar o banco onubense. Unha lixeira mellora leva ao club a finalizar en penúltima posición, ao que supoñía, en principio, uns playoffs pola permanencia máis sinxelos. Na eliminatoria tocoulles enfrontarse co factor cancha encontra ao CB Granada. No primeiro partido o Ciudad de Huelva consegue gañar da man de Devin Davis, que finalizou o partido con 28 puntos e 15 rebotes. Pese ao bo comezo, o club perde a eliminatoria e descende após un só ano na categoría.

Após o descenso, o Huelva mantense durante dez temporadas na liga LEB. Na décima temporada, a 2007−08, o equipo onubense finalizou a primeira volta cun balance de 10 vitorias por 7 derrotas. Porén, o equipo viuse obrigado a dar a carta de liberdade a numerosos xogadores pola imposibilidade de facer fronte ás súas nóminas polos graves problemas económicos que sufría a entidade. O Ciudad de Huelva acabou a temporada en duodécima posición, lonxe dos postos de descenso, a pesar de presentarse nas últimas xornadas con só seis xogadores (varios deles xuvenís). O 4 de xullo de 2008 o club anuncia a súa desaparición. Para substituír ao club, naceu o CB Huelva la Luz coa idea de ocupar o baleiro deixado. Cómpre sinalar que se tratan de dous clubs completamente desligados.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club recibiu diferentes denominacións ao longo da súa historia.

  • Como Huelva 76
    • Huelva 76 (1976−1984)
    • Caja Huelva (1984−1991)
    • El Monte Huelva (1991−1996)
  • Como CB Huelva, SAD
    • CB Huelva (1996−1997)
    • CB Ciudad de Huelva (1997−2008)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

LEB Oro

  • Campións (1): 1997

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1996–97 2 LEB 24–13 Copa Príncipe
1997–98 1 ACB 17º 11–28
1998–99 2 LEB 12–17
1999–00 2 LEB 14º 9–21
2000–01 2 LEB 17–17
2001–02 2 LEB 18–17
2002–03 2 LEB 15º 13–22
2003–04 2 LEB 19–20
2004–05 2 LEB 27–16 Copa Príncipe SF
2005–06 2 LEB 16º 16–21
2006–07 2 LEB 21–20
2007–08 2 LEB Ouro 12º 14–20

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Núñez, Manuel S. (12 de xullo de 2008). "El camino comenzó en el 84". Huelva Información. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]