RCD Espanyol (baloncesto)
| RCD Espanyol | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Fundación | 1923 |
| Desaparición | 1989 |
| Cores | Azul, branco |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Palau Municipal d'Esports |
| Capacidade | 6 523 |
| Inauguración | 1955 |
| Campionatos | |
| Copa do Rei | 1 (1941) |
A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi un equipo profesional español con sede na cidade de Barcelona, Cataluña. Durante a segunda metade da década de 1980 xogou na Liga ACB, até que en 1991 se fusionou co CB Granollers. O seu maior éxito foi a consecuión da Copa do Rei en 1941 ao vencer na final por 35−20 ao Hospitalet.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2025.) |
A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi fundada en 1923 e extinguida en 1989. En 1923, por tanto, o club converteuse nun dos primeiros clubs deportivos de Cataluña con equipo de baloncesto. En 1923 participou no primeiro Torneo Rexional. Cómpre destacar que o primeiro punto anotado no devandito campionato logrouno o xogador do Espanyol Bagués ao anotar un tiro libre. Desde 1924 a 1927 o club non participou en ningún torneo oficial, até que o fixo na temporada 1927−28 no Campionato de Segunda Categoría, proclamándose campión desta e ascendendo á Primeira División. Na temporada 1928−29 quedou en quinto posto da clasificación e na 1929−30 terceiro.
Nas temporadas 1930−31 e 1931−32 a sección proclamouse Campión de Cataluña. Nas tempadas 1932−33 e 1933−34, porén, foi subcampión deste mesmo torneo. Na temporada 1940-41 participou nos Campionatos Nacionais que se disputaron en Madrid, proclamándose Campión de España ao derrotar na final a outro club catalán, o CB L'Hospitalet. Na temporada 1941−42, o equipo quedou en sétimo lugar porque moitos dos seus mellores xogadores pasaron a outros clubs. Este feito fixo que durante as seguintes tempadas as actuacións dos branquiazuis non fosen todo o boas que deles cabía esperar e acabou descendendo á Segunda Categoría. Permaneceu na Segunda Categoría desde o 1946 até o 1950, cando se gañaron 25 dos 26 partidos xogados e logrou o ascenso á Primeira Categoría. No palmarés do Espanyol de baloncesto figuran pois, dous Campionatos de Cataluña en 1930−31 e 1931−32 e un Campionato de España en 1940−41.
O Espanyol regresaría á elite na década de 1980, sendo estes os mellores anos da sección. Militou cinco tempadas na Liga ACB, e contou con xogadores como Mike Phillips, Ferran Martínez, Albert Illa, Jordi Freixanet, Toni Tramullas, Manel Bosch, Óscar Cervantes, Pepe Collins ou Santi Abad. Nesa época o equipo disputaba os seus partidos no Palau Municipal d'Esports de Barcelona (do catalán: Palacio Municipal dos Deportes de Barcelona). O equipo chegou a disputar a Copa Korać na temporada 1986−87, mais descendeu na temporada 1988−89, o que acabou precipitando a súa desaparición. Cómpre destacar que 1988 a sección foi comprada pola empresa Unipublic, desvinculándose definitivamente do club. Finalmente, esta fusionase co Granollers antes de desaparecer definitivamente.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa estancia na Liga ACB:
- Español (1984−1985)
- Español Júver (1985−1986)
- Gin MG Sarriá (1986−1987)
- Grupo IFA RCD Español (1987−1988)
- Grupo IFA Español (1988−1989)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Historial
[editar | editar a fonte]| Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1929–58 | Copa do Rei | Unha vez campión (1940–41) | ||||||||
| 1957–58 | 1 | 1ª División | 7th | 7–11 | ||||||
| 1958–59 | 1 | 1ª División | 7th | 10–14 | ||||||
| 1959–60 | 1 | 1ª División | 9th | 12–1–15 | Primeira rolda | |||||
| 1960–61 | 1 | 1ª División | 10º | 6–16 | Semifinais | |||||
| 1961–62 | 1 | 1ª División | 5º | 10–8 | Cuartos de final | |||||
| 1962–82 | Lower divisions | |||||||||
| 1967–68 | 2 | 2ª División | 2º | 13–8 | ||||||
| 1968–69 | 2 | 2ª División | 1º | 24–1–3 | ||||||
| 1969–70 | 1 | 1ª División | 12º | 3–1–18 | ||||||
| 1970–71 | 2 | 2ª División | 3º | 15–1–10 | ||||||
| 1971–72 | 2 | 2ª División | 6º | 9–13 | ||||||
| 1972–73 | 2 | 2ª División | 9º | 13–15 | ||||||
| 1973–74 | 2 | 2ª División | ||||||||
| 1974–75 | 2 | 2ª División | 10º | 7–1–14 | ||||||
| 1975–76 | 3 | 3ª División | 1º | 24–4 | ||||||
| 1976–77 | 3 | 3ª División | 5º | 16–1–9 | ||||||
| 1977–78 | 3 | 3ª División | 1º | 23–7 | ||||||
| 1978–79 | 3 | 2ª División | 8º | 15–15 | ||||||
| 1979–80 | 3 | 2ª División | ||||||||
| 1980–81 | 3 | 2ª División | 2º | 18–8 | ||||||
| 1981–82 | 3 | 2ª División | ||||||||
| 1982–83 | 2 | 1ª División B | 6º | 13–1–11 | ||||||
| 1983–84 | 2 | 1ª División B | 1º | 21–5 | ||||||
| 1984–85 | 1 | ACB | 12º | 12–18 | Copa Príncipe | SR | ||||
| 1985–86 | 1 | ACB | 12º | 16–17 | Copa Príncipe | CF | ||||
| 1986–87 | 1 | ACB | 14º | 15–17 | Copa Príncipe | OF | 3 Copa Korać | SR | 3–1 | |
| 1987–88 | 1 | ACB | 16º | 8–24 | Copa Príncipe | OF | ||||
| 1988–89 | 1 | ACB | 8º | 22–16 | Primeira rolda | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Espanyol: 20 años del adiós perico (I)". acb.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2021.