Cáceres CB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cáceres CB
Cáceres CB.JPG
Información xeral
Fundación 1961
Desaparición 2005
Cores                Verde, negro, branco
Localización
Cidade España Cáceres, España
Pavillón Multiusos Ciudad de Cáceres
Capacidade 6 500
Para o actual equipo da Liga LEB, véxase Cáceres Ciudad del Baloncesto.

O Cáceres Club Baloncesto foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Cáceres, Extremadura. Fundado en 1961, militou durante once temporadas na ACB, máxima categoría do baloncesto español, sendo o único equipo de Estremadura en conseguilo. Desapareceu despois da temporada 2004−05 por problemas financeiros.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O Cáceres Club Baloncesto foi fundado no ano 1961 co nome de Club San Fernando de Cáceres. O 5 de novembro de 1961 o club debuta na 2ª División. En outubro de 1975, ante a grave situación económica que atravesa o club, o equipo de fútbol da cidade, o Club Polideportivo Cacereño pasa a facerse cargo do club, que desde ese momento pasa a denominarse C.P. Cacereño de Baloncesto. A finais de agosto de 1979, o Cacereño decide acabar coa súa sección de baloncesto, polo que o club está novamente a piques de desaparecer. Fanse cargo do mesmo unha agrupación de socios que forman unha xestora e como primeira decisión acordan mudar o nome do equipo ao de Cáceres Club Baloncesto. A pesar das dificultades económicas, o club permanece na 2ª División até 1990, coa única excepción de tres temporadas que pasou en 3ª.

A mediados de xullo de 1991 o club consegue facerse cunha praza na 1ª División B após comprar os dereitos federativos do Bosco de Vigo. En moi pouco tempo o club ten que confeccionar un novo elenco de xogadores para a cateogría, entre os que destacan Juan Méndez, Gabriel Abrines e o pivote checo de 2,17 metros de estatura Jiří Okáč. Este sería ao cabo da temporada o máximo anotador e reboteador da competición. Con eses mimbres, o club finaliza terceiro con 18 vitorias por 12 derrotas, o que lle dá dereito a participar na liguiña que decidirá os equipos que ascenden á ACB a seguinte tempada. Tras finalizar primeiros do seu grupo na liguiña, enfróntanse ao Festina Andorra nunha serie ao mellor de 5 partidos cuxo vencedor ascendería directamente. Finalmente o gañador é o conxunto andorrano tras vencer por 73−71 no quinto partido da eliminatoria. Despois de eliminar ao Canarias nunha serie previa, o Cáceres volve ter outra oportunidade de conseguir o ascenso fronte ao Prohaci Mallorca nunha serie ao mellor de 5 partidos. Así, o 10 de maio de 1992 coa serie 2−1 a favor do Cáceres, o club disputa na súa casa o encontro que suporía o ascenso á liga ACB. A vitoria (80−79) e o ascenso lógrase finalmente grazas a unha canastra no último segundo do xogador Jordi Freixanet.

A etapa en ACB[editar | editar a fonte]

O debut na ACB do Cáceres produciuse o 19 de setembro de 1992 ante, o por aquel entón, vixente campión da Euroliga, Marbella Joventut. O debut non puido ser mellor ao vencer o equipo estremeño na súa casa por 84−78. O quinteto inicial estaba o composto por Kevin Pritchard na posición de base, Juan Méndez de escolta, Miguel Ángel Reyes de ala e Antón Soler e Lance Berwald de pivotes. Con todo, os seguintes resultados non foron bos, o que propiciou a destitución do adestrador Fariñas tras trece xornadas e a chegada de Manel Comas. Aínda co novo adestrador, o club non consegue as suficientes vitorias para eludir o playoff de descenso. Así, primeira participación do conxunto estremeño na liga ACB finalizou co equipo na penúltima posición da táboa cunha bagaxe de 9 vitorias por 22 derrotas e abocado a xogarse a permanencia sen ter o factor cancha. Xa no playoff, cos reforzos de Kenny Green de Kenny "Sky" Walker o Cáceres consegue manter a categoría ao imporse por 62−68 ao Ferrys Llíria no quinto partido da serie disputado en terras valencianas.

A seguinte temporada, co técnico Manolo Flores no banco, suporía a mellor clasificación final do equipo estremeño en toda a súa historia ACB: 5ª posición tras caer derrotado en cuartos de final polo Joventut de Badalona. Como consecuencia, o club clasifícase para a primeira das súas catro participacións en Europa, tres na Copa Korać (1995, 1997, 2001) e unha na Eurocopa (1998). Foi precisamente na primeira das devanditas participacións, na temporada 1994−95, na que se conseguiu o seu resultado máis positivo en Europa ao acandar as semifinais da Copa Korać e caendo derrotado polo equipo que ao cabo se proclamaría campión, o Alba Berlín. Dúas tempadas máis tarde, na 1996−97, o equipo consegue o subcampionato da Copa do Rei tras caer derrotado na final de León ante o Joventut de Badalona (79-71).

Desaparición[editar | editar a fonte]

A tempada 1998−99 supuxo unha mudanza drástica no institucional coa ida de José María Bermejo, quen fora presidente do Cáceres durante toda a historia do equipo na ACB. Ademais da marcha do presidente, esta tempada supuxo á súa vez a redución de orzamentos do patrocinador que acompañara ao equipo na ACB desde os seus inicios, Caja de Extremadura, así como a redución de orzamento do concello e a deputación de Cáceres. Na temporada 2002−03 o equipo descende directamente á liga LEB tras concluír décimo sétimo na tempada regular, poñendo fin á única andaina dun equipo estremeño na máxima categoría do baloncesto español tras once anos de permanencia na mesma.

Tras o descenso, prodúcese a quebra da Sociedade Anónima Deportiva (SAD). A pesar de todo, o equipo logra eludir a desaparición grazas a unha sentenza xudicial que estabelecía que non existía sucesión de empresas entre a SAD e o Cáceres C.B. que se constituíu despois. Isto permitiulleparticipar durante dous anos na liga LEB. Porén, a nova sociedade nunca logra recuperarse dos problemas económicos e finalmente acaba vendendo os seus dereitos federativos ao equipo de Aguas de Calpe á conclusión da temporada 2004−05. Durante a temporada 2005−06 o club conserva a estrutura das categorías inferiores, ademais de contar cun equipo na Primeira División, quinta categoría do baloncesto español. Finalmente, tras a conclusión da temporada 2005−06 a institución disólvese definitivamente. Tras dous anos nos que a cidade de Cáceres non contou con ningún representante no baloncesto de elite, no verán do 2007 tras a fusión dos equipos San Antonio e Ciudad de Cáceres, así como do apoio dun grupo de empresarios locais e institucións, fixeron posíbel a compra da praza do Grupo Cibo Llíria de LEB Prata e a creación dun novo club, o Cáceres Ciudad del Baloncesto.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os adestradores do Cáceres en ACB.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Copa Estremadura

  • Campións (1): 2001
  • Subcampións (3): 2002, 2003, 2004

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1991–92 2 1ª Div. 30–18
1992–93 1 ACB 20º 12–24 Segunda rolda
1993–94 1 ACB 18–16 Primeira rolda
1994–95 1 ACB 13º 17–21 Segunda rolda 3 Copa Korać SF 8–1–5
1995–96 1 ACB 10º 19–19
1996–97 1 ACB 10º 18–16 Subcampión 3 Copa Korać CF 9–3
1997–98 1 ACB 15º 15–23 2 Eurocup DF 7–5
1998–99 1 ACB 12º 14–20
1999–00 1 ACB 17–17
2000–01 1 ACB 10º 14–20 Semifinalista 3 Copa Korać OF 7–1–2
2001–02 1 ACB 15º 11–23
2002–03 1 ACB 17º 8–26
2003–04 2 LEB 16–18
2004–05 2 LEB 17–20

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]