Menorca Bàsquet
Menorca Bàsquet | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1950 |
Desaparición | 5 de xullo de 2012 |
Historia | CB La Salle Mahón (1950−1997) |
Cores | Branco, azul, laranxa |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Pavelló Menorca |
Capacidade | 5 115 |
Inauguración | 2 de outubro de 2005 |
O Menorca Bàsquet foi un equipo de baloncesto español con sede na cidade balear de Maó, Menorca. Fundado en 1950, anunciou a súa disolución o 5 de xullo de 2012 debido á súa mala xestión económica.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundado en 1950 como CB La Salle Mahón, o club foi progresando lentamente até que na temporada 1993−94 consegue entrar en ligas de ámbito estatal co ascenso á Liga EBA. Coa chegada do equipo á EBA, o club comeza a xogar como local no Polideportivo Municipal de Maó. Após varias temporadas na zona baixa da liga EBA, en maio de 1997, con José Luís Oliete de adestrador, o primeiro equipo proclámase campión da liga EBA e logra así o ascenso á Liga LEB. O primeiro equipo adopta desde ese ano o nome de Menorca Bàsquet.
Na liga LEB desde a primeira temporada estivo a loitar nos playoff de ascenso á liga ACB. Na temporada 2004−05 o equipo consegue o subcampionato e consegue o ascenso á liga ACB. Debido ao ascenso, a organigrama do club tívose que profesionalizar. Ademais, o Polideportivo Municipal de Maó, con capacidade para uns 2 500 espectadores, non cumpría coa normativa da Asociación de Clubs de Baloncesto, polo que se tivo que construír un novo pavillón nun tempo récord de 90 días. A temporada de debut na ACB acabou de xeito satisfactoria ao conseguir o equipo a permanencia no último partido da temporada.
Na seguinte temporada, seis xornadas despois de comezar competición, o club decide cesar ao adestrador Curro Segura debido á mala xeira de resultados do equipo. O seu substituto foi Ricard Casas. Con el, o equipo conseguiu saír dos postos de descenso a unha xornada do final de campionato. Na última xoranda, a pesar de perder, o equipo consegue a permanencia grazas á vitoria do Gran Canaria contra o Etosa Alicante. Na temporada 2008−09 tras problemas internos e deportivos, o club acaba finalmente por a descender á LEB Ouro. O seu paso pola seguinda categoría sería, porén, breve. O club consegue nun ano regresar á ACB, aínda que descendendo inmediatamente na seguinte temporda. Na temporada 2011–12, tras unha nefasta xestión económica, o club emite un comunicado de prensa no que anuncia a súa disolución.[1]
Patrocinios[editar | editar a fonte]
Alén de Menorca Bàsquet, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:
- Coinga Menorca Básquet (2000–2004)
- IBB Hoteles Menorca Básquet (2004–2005)
- Llanera Menorca (2005–2006)
- ViveMenorca (2006–2010)
Xogadores[editar | editar a fonte]
Destacados[editar | editar a fonte]
Dani Álvarez
Alfons Alzamora
Raúl Capablo
Carlos Cazorla
David Doblas
Jesús Fernández
Chuck Kornegay
Jordi Llorens
Alberto Miguel
Albert Moncasi
Urko Otegui
Nacho Rodríguez
Nacho Yáñez
Caio Torres
Kaloyan Ivanov
Marino Baždarić
Damir Markota
Mario Stojić
Jakim Donaldson
Bud Eley
Pooh Jeter
Andre Turner
Frédéric Weis
Vrbica Stefanov
Sitapha Savané
Miroslav Berić
Marko Marinović
Vladimir Boisa
Adestradores[editar | editar a fonte]
Os seguintes foron os adestradores do Menorca Bàsquet na Liga ACB.
Curro Segura (2005−2006)
Francisco Javier Álvarez (2006)
Ricard Casas (2006−2009)
Javier Imbroda (2009)
Paco Olmos (2010−2011)
Historial[editar | editar a fonte]
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1979–80 | 4 | 3ª Div. | 5º | ||||
1980–81 | 4 | 3ª Div. | 2º | ||||
1981–82 | 4 | 3ª Div. | 2º | ||||
1982–83 | 4 | 3ª Div. | 1º | ||||
1983–84 | 3 | 2ª Div. | 13º | ||||
1984–85 | 4 | 3ª Div. | 1º | ||||
1985–86 | 3 | 2ª Div. | 13º | ||||
1986–87 | 3 | 2ª Div. | 3º | ||||
1987–88 | 3 | 2ª Div. | 4º | ||||
1988–89 | 3 | 2ª Div. | 5º | ||||
1989–90 | 3 | 2ª Div. | 6º | ||||
1990–91 | 3 | 2ª Div. | 5º | ||||
1991–92 | 3 | 2ª Div. | 4º | ||||
1992–93 | 3 | 2ª Div. | 6º | ||||
1993–94 | 3 | 2ª Div. | 4º | ||||
1994–95 | 2 | EBA | 11º | 12–18 | |||
1995–96 | 2 | EBA | 9º | 15–15 | |||
1996–97 | 3 | EBA | 1º | 26–6 | Copa EBA | SF | |
1997–98 | 2 | LEB | 6º | 14–17 | |||
1998–99 | 2 | LEB | 4º | 19–17 | Copa Príncipe | 2º | |
1999–00 | 2 | LEB | 4º | 24–15 | Copa Príncipe | CF | |
2000–01 | 2 | LEB | 4º | 21–18 | |||
2001–02 | 2 | LEB | 11º | 12–18 | |||
2002–03 | 2 | LEB | 5º | 22–13 | Copa Príncipe | SF | |
2003–04 | 2 | LEB | 5º | 22–17 | |||
2004–05 | 2 | LEB | 2º | 32–11 | Copa Príncipe | 2º | |
2005–06 | 1 | ACB | 16º | 12–22 | |||
2006–07 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | |||
2007–08 | 1 | ACB | 16º | 12–22 | |||
2008–09 | 1 | ACB | 16º | 8–24 | |||
2009–10 | 2 | LEB Ouro | 2º | 30–18 | Copa Príncipe | 2º | |
2010–11 | 1 | ACB | 18º | 7–27 | |||
2011–12 | 2 | LEB Ouro | 2º | 30–15 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Menorca, sin ACB y abocado a la desaparición" [Menorca, sen ACB e condenado á extinción]. El Mundo (en castelán). 28 de xuño de 2012.