Saltar ao contido

CEB Llíria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CEB Llíria
Información xeral
Liga EBA
Fundación 1945
Refundación 2001
Historia CB Llíria (1945–2001)
Cores           Negro, amarelo
Presidente Lluís Andés
Localización
Cidade España Llíria, España
Pavillón Pavelló Pla d'Arc
Capacidade 5 020
basquetlliria.es

O Club Esportiu Bàsquet Llíria é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Llíria, Comunidade Valenciana. Actualmente compite na Liga EBA, cuarta categoría do baloncesto español. O maior éxito do club produciuse entre 1991 e 1993, cando o club xogou na Liga ACB. Durante esa etapa na máxima categoría, o club recibía o nome de Ferrys Llíria por motivos de patrocinio.

O baloncesto chegou a Llíria en 1945, importado desde Madrid por Pep Jordan, quen realizaba alí o servizo militar, calando moi rapidamente entre a poboación local.[1]

Desde o ascenso na temporada 1967−68 á 2.ª División, o club viviu épocas de grandes éxitos, xogando varias tempadas seguidas dacabalo entre a 2ª e a 1ª División Nacional. Na temporada 1990−91, o Llíria coróase como subcampión da 1ª División é consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto español, a Liga ACB, sendo o técnico do club Andreu Casadevall. Alí permanece durante dúas temporadas, tendo que xogar debido ás limitacións do seu pavillón no Pavelló Font de Sant Lluís de Valencia durante a primeira delas. En 1994 o club tenta inscribirse de novo na ACB, máis a asociación rexeita a petición. O caso foi aos tribunais, fallando a xustiza en 2002 a favor da ACB.

Após o descenso, o club permaneceu catro temporadas na segunda categoría, a Liga EBA. A partir de 1997 o club tan só compite en categorías inferiores. En 2001 o club é refundado como Club Esportiu Bàsquet Llíria e regresa á Liga EBA. Na temporada 2005−06 o club ascende á terceira categoría, a LEB-2, até que en 2007 volve competir tan só en categorías inferiores. Desde aquela o club compite entre a Primeira Nacional e a Liga EBA, quinta e cuarta categoría do baloncesto español respectivamente.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Historial

[editar | editar a fonte]

O seguinte é o historial do club na máxima categoría.

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1991–92 1 Liga ACB 16º 15–28 Primeira rolda
1992–93 1 Liga ACB 21º 12–24 Primeira rolda
  1. Sanchís, J.R. (3 de febreiro de 2010). "Óscar Yebra juega gratis para el CB Llíria, otro ex ACB al borde de la extinción". solobasket.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]