CB Caja Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «CB Cajabilbao»)
Caja Bilbao
Información xeral
Fundación 1983
Desaparición 1994
Cores           Azul, amarelo
Patrocinador Caja Bilbao
Localización
Cidade España Bilbao, España
Pavillón La Casilla
Capacidade 5 200
Para o actual equipo da Liga ACB, véxase Bilbao Basket.

O Club Baloncesto Caja Bilbao foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, País Vasco. Fundado no ano 1983, xogou cinco temporadas na Liga ACB antes de desaparecer en 1994. Este equipo non debe confundirse co Bilbao Basket, equipo que representa á cidade actualmente na ACB. O Caja Bilbao xogaba os seus encontros como local en La Casilla, pavillón con capacidade para 5 200 espectadores.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Baloncesto Caja Bilbao foi fundado en 1983, volvendo situar a Bilbao na elite do baloncesto, como xa fixeran anteriormente o Club Águilas e o KAS Bilbao. Catro anos despois da súa fundación, logrou unha praza na entón recentemente creada Liga ACB, na que se mantería entre 1986 e 1991. Tras descender á Primeira B, en 1994 logrou de novo o ascenso á máxima categoría. Porén, non se materializaría debido á falta de apoio económico que recibiu o conxunto. Esta sitaución, entre outras cousas, levou á desaparición do club.[2]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos adestradores do Caja Bilbao na súa etapa na Liga ACB.

  • España José Antonio Figueroa (1986−1988)
  • España Paco Garrido (1988−1989)
  • España Jesús Codina (1989−1991)
  • España Manu Moreno (1991)

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas
1984–85 2 1ª División B 17–9
1985–86 2 1ª División B 20–8
1986–87 1 ACB 13–18 Semifinalista Copa Príncipe CF
1987–88 1 ACB 12º 15–15 Copa Príncipe OF
1988–89 1 ACB 11º 17–24 Oitavos de final
1989–90 1 ACB 15º 16–13 Oitavos de final
1990–91 1 ACB 23º 15–28 Primeira rolda
1991–92 2 1ª División 9th 21–15
1992–93 2 1ª División 32–12
1993–94 2 1ª División 37–13

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1 Polideportivo de La Casilla". turismo.euskadi.eus (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2021.  Carácter salto de liña en |título= na posición 2 (Axuda)
  2. J., Ramón (13 de abril de 2020). "Historia de los ascensos a ACB (1993-94): El sueño del ascenso del Cajabilbao acabó en pesadilla y desaparición". lucentumblogging.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]