CB Granollers
CB Granollers | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | 1ª División (Autonómica) |
Fundación | 1932 |
Historia | CB Granollers (1930−1989) Granollers EB (1989−1991) |
Cores | Azul, branco, laranxa |
Presidente | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Pavelló CB Granollers |
Capacidade | 3 200 |
cbgranollers.cat |
O Club Bàsquet Granollers é un club profesional de baloncesto da cidade de Granollers, Cataluña. Foi fundado en 1932, sendo uns dos clubs máis antigos de España. Na actualidade compite na Primeira División, quinta categoría do baloncesto español. En 1977, con Vicente Sanjuan no banco, o club conseguiu o ascenso á máxima categoría, na que permaneceu até 1993. Nos últimos anos na elite, concretamente desde 1989, o club fusionouse co RCD Espanyol de baloncesto, pasando a denominarse Grupo IFA Granollers.
Historia[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa historia o Granollers tivo diversas denominacións en función da empresa que o patrocinou. Entre 1977 e 1982 foi denominado "Areslux Club Bàsquet", entre 1983 e 1988 "Cacaolat Club Bàsquet". En 1989 o club fusionouse co RCD Espanyol de baloncesto, pasando a denominarse "Grupo IFA Granollers". En 1991 abandonou a dirección do club a empresa Unipublic e creouse a entidade Granollers Esportiu Bàsquet.
Os anos 80 foron os mellores anos na historia do club. Na tempada 1982-1983 conseguiu a terceira posición na Liga Española de Baloncesto, con xogadores míticos como Joan Creus, Xabier Mendiburu ou Slab Jones e con Chus Codina de adestrador. Na 1984-1985 obtivo o quinto posto na Liga ACB, o que lle deu a oportunidade de disputar a Copa Korać da tempada 1985-1986, na que foi eliminado en cuartos de final. O Granollers xogou na Copa Korać contra equipos da categoría do Caserta do brasileiro Óscar Schmidt ou o Partizan de Belgrado. Desta época continuaban Mendiburu e Creus, ademais do aleiro Juan Ramón Fernández, ou os norteamericanos Charles Bradley e Victor Anger.
Esa mesma tempada foi subcampión da Copa Príncipe de Asturias de baloncesto, perdendo a final ante o Estudiantes, por 82-89. O cambio de denominación da entidade como "Grupo IFA Granollers" provocou tamén un aumento do orzamento, mais non así nos resultados. Incorporáronse xogadores como Santi Abad, Manel Bosch e Óscar Cervantes, pero os obxectivos non se cumpriron. Deuse a casualidade que no ano 1991 o Club Basquet Granollers contaba nas súas filas co campión ACB de triplas 1991, Óscar Cervantes e o campión de mates NBA e da ACB Kenny Sky Walker. O club tivo que renunciar por temas económicos á liga ACB en 1993 e caeu nas categorías máis baixas da Federación Catalá de Baloncesto pasándose a chamar Club Bàsquet Granollers. Desde a temporada 2002−03 até a 2013–14 compite na Liga EBA, campaña esta última na que descende á Primeira División, quinta categoría do balonces español, e na que se mantén desde aquela.
Patrocinios[editar | editar a fonte]
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Areslux Granollers (1977−1982)
- Cacaolat Granollers (1983−1988)
- Grupo IFA Granollers (1989−1992)
- BFI Granollers (1992−1993)
Xogadores[editar | editar a fonte]
Destacados[editar | editar a fonte]
Santi Abad
Tato Abadía
Manel Bosch
Óscar Cervantes
Joan Creus
Jordi Creus
Ernesto Delgado
Fran Dosaula
Roger Esteller
Juan Ramón Fernández
Ferrán Heras
Jordi Millera
Julián Ortiz
Eduardo Piñero
Jordi Puig
Pep Pujolrás
Herminio San Epifanio
Francesc Solana
Victor Anger
Mike Davis
Craig Dykema
Essie Hollis
Thomas Jordan
Mike Phillips
Claude Riley
Wayne Robinson
Elston Turner
Kenny Walker
Historial[editar | editar a fonte]
O seguinte é o historial do club na máxima categoría.
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1977–78 | 1 | 1ª División | 9º | 7–1–14 | Fase de grupos | |||||
1978–79 | 1 | 1ª División | 6º | 11–11 | Cuartos de final | 3 Copa Korać | 2R | 2–2 | ||
1979–80 | 1 | 1ª División | 5º | 9–3–10 | Oitavos de final | |||||
1980–81 | 1 | 1ª División | 10º | 9–1–16 | Oitavos de final | |||||
1981–82 | 1 | 1ª División | 9º | 11–1–4 | Cuartos de final | |||||
1982–83 | 1 | 1ª División | 3º | 17–2–7 | Cuartos de final | |||||
1983–84 | 1 | Liga ACB | 6º | 19–12 | ||||||
1984–85 | 1 | Liga ACB | 5º | 12–19 | Copa Príncipe | SF | ||||
1985–86 | 1 | Liga ACB | 8º | 11–21 | Copa Príncipe | 2º | 3 Copa Korać | FG | 4–6 | |
1986–87 | 1 | Liga ACB | 7º | 13–20 | Cuartos de final | Copa Príncipe | CF | |||
1987–88 | 1 | Liga ACB | 7º | 17–13 | Copa Príncipe | CF | ||||
1988–89 | 1 | Liga ACB | 8º | 18–20 | Primeira rolda | |||||
1989–90 | 1 | Liga ACB | 8º | 21–17 | Semifinais | |||||
1990–91 | 1 | Liga ACB | 19º | 18–24 | Terceira rolda | |||||
1991–92 | 1 | Liga ACB | 12º | 20–20 | Terceira rolda | |||||
1992–93 | 1 | Liga ACB | 14º | 13–20 | Terceira rolda |
Alén do amosado, o club tan participado nas seguintes categorías:
- Terceira División (1970−1972)
- Segunda División (1972−1977)
- Primeira División (1977−1983)
- Liga ACB (1983−1993)
- Liga EBA (1999−2000, 2002−2013)
- Primeira División Autonómica (2013−presente)