Lacértidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Lacertidae
Rango fósil: Oligoceno–Presente (de 24 a 0 millóns de anos)
Lagarto pequeno das Canarias(Gallotia caesaris gomerae)
Lagarto pequeno das Canarias
(Gallotia caesaris gomerae)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
J. E. Gray, 1825
Subfamilias
Véxase o texto.
Terminoloxía dos lacértidos.

Os lacértidos (Lacertidae) son unha familia de lagartos, que comprende especies de pequeno tamaño como as lagartas e outras de maior tamaño como os lagartos arnais, que viven en Europa, África e Asia. É unha familia diversa con centos de especies e 37 xéneros. En Galicia pódense atopar con maior ou menor abundancia dez especies de lacértidos, pertencentes aos xéneros Acanthodactylus, Iberolacerta, Lacerta, Podarcis, Psammodromus, Timon e Zootoca (ver Lista de réptiles de Galicia).

Hábitat[editar | editar a fonte]

As especies europeas e mediterráneas viven principalmente en bosques e matos.[1] As especies dos xéneros Eremias e Ophisops substitúenos nos hábitas de praderías e desertos de Asia. As especies africanas viven xeralmente en zonas rochosas e áreas áridas. Holaspis é un dos poucos xéneros arbóreos, e a súa única especie, Holaspis guentheri, é planeadora (aínda que non é moi habilidoso), xa que usa o seu largo rabo e corpo aplanado como un plano aerodinámico para lanzarse a planear desde as árbores.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os lacértidos son lagartos de pequeno ou medio tamaño. A maioría das especies son de menos de 9 cm de longo, sen contar o rabo, aínda que o lagarto arnal pasa dos 15 cm, e a especie máis grande viva, Gallotia stehlini, chega aos 46 cm, e algunhas especies extintas eran aínda meirandes. Son principalmente insectívoros.[1] Unha excepción é Meroles anchietae, que é unha pequena lagarta que come regularmente smentes, e vive no deserto do Namib.

Os Lacertidae son moi similares en forma, con corpos delgados e longos rabos, pero teñen patróns moi variados de coloración, mesmo entre poboacións da mesma especie. As súas escamas son grandes na cabeza, que a miúdo ten osteodermos, e son pequenas e granulares no dorso, e rectangulares no ventre. A maioría das especies son sexualmente dimórficas, e os machos e femias adoitan ter coloracións diferentes.[1]

A maioría son oviparas, pero tamén hai casos de ovoviviparismo e viviparismo. Polo menos oito especies que viven no Cáucaso son partenoxenéticas,[2][3] e tres especies dan á luz as crías, como algunhas poboacións da lagarta vivívpara lagarta das brañas (Zootoca vivipara), especie presente en Galicia.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clasificación en subfamilias e tribos segue a presentada por Arnold et al., 2007, baseada en análises filoxenéticas.[4]

Familia Lacertidae

A lagarta italiana Podarcis sicula.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Bauer, Aaron M. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 163–165. ISBN 0-12-178560-2. 
  2. Darevskii IS. 1967. Rock lizards of the Caucasus: systematics, ecology and phylogenesis of the polymorphic groups of Caucasian rock lizards of the subgenus Archaeolacerta. Nauka: Leningrad [en ruso: tradución en inglés publicada polo Indian National Scientific Documentation Centre, New Delhi, 1978].
  3. Tarkhnishvili DN (2012) Evolutionary History, Habitats, Diversification, and Speciation in Caucasian Rock Lizards. In: Advances in Zoology Research, Volume 2 (ed. Jenkins OP), Nova Science Publishers, Hauppauge (NY), p.79-120
  4. Arnold, E.N., Arribas, O. and Carranza, S. (2007). "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini. (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera." Zootaxa, 1430: 86 pp.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]