Gallotia stehlini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gallotia stehlini
Gallotia stehlini
Gallotia stehlini
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Gallotiinae
Xénero: Gallotia
Especie: G. stehlini
Nome binomial
Gallotia stehlini
(Schenkel, 1901)
Área de distribución de Gallotia

Sinonimia
Véxase o texto

Gallotia stehlini é unha especie de réptil da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos galotiinos, que é o tipo do xénero Gallotia.

É un endemismo da illa de Gran Canaria,[1][2] Foi introducida na de Fuerteventura.[3]

Tátase do maior dos lagartos de Canarias, alcanzando até os 80 cm de lonxitudr, por lo secoñece en castelán como lagarto xigante de Gran Canaria.

Até os anos 1970 todos os lagartos da illa de Gran Canaria eran considerados como subespecies de Gallotia simonyi debido ao seu parecido morfolóxico. Posteriormente, varios traballos revelaron que existían suficientes diferenzas esqueléticas e ectomorfolóxicas para seren consideradas especies ben diferenciadas, teoría que foi finalmente demostrada grazas ás técnicas de secuenciación do ADN.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1901 polo zoólogo suízo Ehrenfried Schenkel, baixo o nome de Lacerta galloti var. stehlini.[4][5]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Gallotia.

O epíteto específico, stehlini, é un homenxe ao paleontólogo suízo Hans Georg Stehlin, que recolectou o holotipo.[6][7]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñecuse tamén polos sinónimos seguintes:[5]

  • Lacerta galloti var. stehlini Schenkel, 1901 (protónimo)
  • Lacerta simonyi Lehrs, 1909
  • Lacerta stehlini Boulenger, 1920
  • Lacerta simonyi stehlini Mertens, 1928
  • Lacerta stehlini Kramer, 1979
  • Gallotia stehlini Hernández et al., 2000 [8] (mome actualmente válido)

Características[editar | editar a fonte]

Coloración[editar | editar a fonte]

Macho adulto.
Macho preto de Maspalomas.

É un réptil de corpo robusto, de coloración de parda agrisada a avermellada escura que, ao longo do dorso presenta bandas transversais claras de bordo escuro. O ventre é abrancazado. As partes superiores da cabeza e da parte anterior do tronco son máis escuras, ás veces amouradas.

Nos machos adultos, especialmente os máis vellos, o dorso é amourado, e nos costados aparecen ocelos claros arredondados, e a garganta tórnase alaranxada.

Os inmaturos son de cor parda olivácea, con dúas bandas escuras lonxitudinais no dorso, dúas bandas claras a cada lado do corpo e numerosos ocelos claros nos costados.

Tamaño[editar | editar a fonte]

Os exemplares máis grandes poden medir até 80 cm, o que os converte na especie actual máis grande do seu xénero.

A súa masa corporal pode chegar até os 1 694,32 g.[9]

Os machos alcanzan maior tamaño e teñen a cabeza máis grande que as femais.

Unha comparación entre a lonxitude alcanzada polos exemplares actuais e a que presentan os ósos recollidos demostra que, desde a chegada áa illa dos seus primeiros poboadores humanos, existe unha tendencia á redución do tamaño nos exemplares desta especie.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

Macho en Maspalomas.

Esta especie é endémica da illa de Gran Canaria, onde se pode encontrar na práctica totalidade da illa, desde o nivel do mar até máis de 1 850 msnm.[1] Antes da chegada do home ao arquipélago tamén existiu unha poboación en Tenerife, o que se sabe pola presenza de restos óseos encontrados nos arredores da vila dee Benijo.

Hai tamén poboacións adicionais desta especie na illa de La Palma e en dúas zonas do litoral oriental de Fuerteventura, poidendo encontrarse en Puerto del Rosario e no Barranco de la Torre, pero estas poboacións, demograficamente viábeis, tiveron a súa su orixe en introducións ocorridas ao longo do século XX.[3]

Hábitat[editar | editar a fonte]

En Gran Canaria abarca a práctica totalidade dos hábitats dispoñíbeis, encontrándose en áreas abertas, matogueiras, gargantas rochosas e húmidas, pero está ausente das zonas boscosas.[1] Pode verse habitualmente en zonas de cardonal-tabaibal, asociadas ás zonas de pouca altitude, nos bosques termófilos, nas zonas das cumbres (como qiuedou dito, é fácil encontralo por riba dos 1 850 m, e nos chamados en Canarias malpaíses. Tamén se adapta a zonas alteradas polo home, vivindo en zonas agrícolas e muros.[10] É pouco abundante nos piñeirais de Pinus canariensis, onde se encontra recluído nos claros,[3] e parece non estar presente nas zonas sen vexetación das dunas de Maspalomas.[10]

En Fuerteventura encóntrase en zonas agrícolas.[1]

Boloxía[editar | editar a fonte]

Dieta[editar | editar a fonte]

O lagarto xigante de Gran Canaria é un animal omnívoro, aínda que a súa alimentación ten unha base vexetal de follas e sementes. A proporción de plantas na súa dieta aumenta co seu talle, mentres que as súas presas animais, na súa maioría artrópodos, son pouco comúns. Presenta tendencia cara ao canibalismo. Algúns compoñentes da súa dieta son:[10]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Inician a súa madurez sexual aos catro ou cinco anos, o poden chegar a vivir até once anos. Durante a cópula, o macho morde á femia no pescozo. A femia pon unha única posta ao ano de entre 5 e 14 ovos.[10]

Depredadores[editar | editar a fonte]

Gallotia stehlini é depredado por el bufo pequeno (Asio otus), o corvo grande (Corvus corax), o lagarteiro (Falco tinnunculus), o miñato común (Buteo buteo) e o picanzo real meridional (Lanius meridionalis), ademais das especies introducidas, como o gato doméstico e o ourizo Atelerix algirus.

Cado esta especie síntese ameazada, a súa primeira estratexia é a fuxida. É máis veloz que outras especies do xénero, polo que as súas poboacións non se viron tan mermadas polas especies invasoras como as do resto de lagartos das illas Canarias. Ademais, os adultos poden facer fronte a unha ameaza coa boca aberta e emitindo sons de aviso.[10]

Recentemente foi introducida na illa de Gran Canaria, concretamente na montaña de Amagro en Gáldar e en Telde, a serpente rei de California (Lampropeltis getula californiae) que se está alimentando de Gallotia stehlini principalmente. Existe un proxecto que está levando a cabo a erradicación deste depredador. (Ver más información).

Ameazas[editar | editar a fonte]

Aínda que esta especie en xeral aínda é abundante, vese afectada pola depredación de gatos (domésticos e asilvestrados) e ratas.[1]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o staus da especie como LC porque, aínda que a súa área de dispersión é menor a 5 000 km2, é común, encóntrase en hábitats que non están significativamente ameazados e a súa poboación non parece estar en declive.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 José Antonio Mateo Miras, Valentín Pérez-Mellado, Íñigo Martínez-Solano (2009): Gallotia stehlini na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 1 de decembro de 2019.
  2. Salvador, Alfredo (2009): "Lagarto gigante de Gran Canaria – Gallotia stehlini (Schenkel, 1901)". Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid / CSIC.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Mateo, J. A. (2002): Gallotia stehlini (Schenkel, 1901) - Lagarto de Gran Canaria". En: Pleguezuelos, J. M., Márquez, R., Lizana, M. (Eds.) Atlas y Libro Rojo de los anfibios y reptiles de España. Madrid: Dirección General de Conservación de la Naturaleza-Asociación Herpetológica Española, pp. 210-211.
  4. Schenkel, Ehrenfried 1901, p. 187.
  5. 5,0 5,1 Gallotia stehlini (Schenkel, 1901).
  6. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Gallotia stehlini, p. 252).
  7. O holotipo ou, simplemente, tipo, é o espécime que se utilizou para a descrición da especie.
  8. Hernández, Nogales & Martín 2000, pp. 63-76.
  9. Gran Canaria Giant Lizard. Gallotia stehlini (Schenkel 1901) na EOL.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Salvador, A. (2009). "Lagarto gigante de Gran Canaria – Gallotia stehlini." (PDF). Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2011. Consultado o 3 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arnold, E. N. (2003): Reptiles and Amphibians of Europe. Princeton / Oxford: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-1413-2.
  • Arnold, E. N., Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizards tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1-86.
  • Bischoff, W. (1985): "Die Herpetofauna der Kanarischen Inseln". Herpetofauna 7 (34): 11-22.
  • Schenkel, Ehrenfried (1901): "Achter Nachtrag zum Katalog der herpetologischen Sammlung des Basler Museums". Verhandlungen der Naturforschenden Gesellschaft in Basel 13: 142-199. (Lacerta galloti var. stehlini, new variation, p. 187).
  • Hernández, E., Nogales, N. & Martín, A. (2000): "Discovery of a new lizard in the Canary Islands, with a multivariant analysis of Gallotia (Reptilia: Lacertidae)". Herpetologica 56 (1): 63-76.
  • Pleguezuelos, J. M., Márquez, R. & Lizana, M. (2002): Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente. Dirección General de la Conservación de la Naturaleza-Asociación Herpetológica Española.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]