Timon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Timon
Rango fósil: plioceno - actualidade
(2 588 - 0 Ma)[1]
Lagarto arnal 02.jpg
Timon lepidus en O Páramo, Lugo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Xénero: Timon
Tschudi, 1836
Especie tipo
Lacerta ocellata
Daudin, 1802
Especies
Véxae o texto

Timon é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.[2][3]

A única especie presente en Galicia é o lagarto arnal (T. lepidus).[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1836 (como subxénero), polo médico, naturalista, diplomático, lingüista, e explorador suízo Johann Jakob von Tschudi, na páxina 551 do seu traballo "Über ein neues Subgenus von Lacerta Cuv." Isis von Oken 29 (7): 546-551.

Desde 2007 (Arnold et al.) aceptouse a súa separación do xénero Lacerta, nome co que figuraba desde a primeira descrición do século XIX.[5]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies:[2]

Características[editar | editar a fonte]

As especies de Timon, como os membros de Lacerta, as súas especies irmáns, teñen a cabeza e tronco fortes e non aplanados. Porén, son de maior tamaño e alcanzan unha lonxitude de cabeza e tronco de 10 a 21 cm ou máis. Os machos son máis grandes que as femias. A premaxila (a porción do maxilar superior procedente do proceso frontonasal) adoita ter nove dentes. O hemipene ten pequeñas espiñas en forma de gancho.

A coloracón básica das partes superiores é verde, gris ou marrón, con machas escuras, e a das inferiores vai do verde ao amarelo verdoso ou abrancazado, sen manchas escuras. Na rexión do ombro e os flancos a miúdo mostran manchas azuis (ocelos), ás veces dispostos en varias fileiras. A cor da garganta pode diferir da do abdome e, segundo a especie, pode ser amarela, alaranxada, vermella ou azul claro. Os animais xoves non teñen colas de cores brillantes.

Bioloxia[editar | editar a fonte]

As especies de Timon prefiren biótopos con vexetación mesta e, como as de Lacerta, aliméntan se principalmente de insectos e outros pequenos invertebrados, que poden ser máis grandes que as presas que apañan as especies de Lacerta, pero ás veces tamén comen froitos, ovos de aves, crías, lagartas e incluso ratos. Son ovíparos. Durante o apareamento, o macho morde un costado da femia. Unha niñada contén de 5 a 22 ovos. As crías teñen cabezas grandes e extremidades curtas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Timon na EOL.
  2. 2,0 2,1 Timon en The Reptile Database. Consultada o 23 de novembro de 2019.
  3. "Genus: Timon". Uniprot: Taxonomy. UniProt Consortium. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 17 de maio de 2015. 
  4. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 293.
  5. Arnold, Arribas & Carranza 2007.
  6. Geniez, P.; Mateo, J. A.; Geniez, M. & Pether, J. (2004): The amphibians and reptiles of the Western Sahara (former Spanish Sahara) and adjacent regions. Frankfurt: Editions Chimaira. ISBN 978-3-9306-1267-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arnold, E. N.; Arribas, O. & Carranza, S. (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera". Zootaxa 1430: 1–86.
  • Galán Regalado, Pedro e Fernándes Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.
  • Tschudi, J. J. (1836): "Über ein neues Subgenus von Lacerta Cuv." Isis von Oken 29 (7): 546-551. (Timon, novo subxénero, p. 551). (en alemán), (en latín).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]