Saltar ao contido

Lacerta (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lacerta
 Nome taxon
    Lacerta
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseReptilia
OrdeSquamata
FamiliaLacertidae
SubfamiliaLacertinae
XéneroLacerta Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Lacerta Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 15 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01ygjb Editar o valor en Wikidata
ITIS209054 Editar o valor en Wikidata
OTT87619 Editar o valor en Wikidata
CoLCDFXK Editar o valor en Wikidata
EOL13804 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Lacerta é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos e familia dos lacértidos, da que é o seu tipo.

Na actualidade o xénero comprende nove especies de lacértidos de tamaño mediano ou pequeno coñecidos vulgarmente en galego como lagartos[1] e lagartas.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Linneo tomou o nome científico Lacerta, do latín clásico lacerta, -ae, "lagarto".[4]

Variacións taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Lacerta foi un xénero moi diverso que contiña unhas 40 especies, ata que foi dividido en 2007 en nove xéneros por Arnold, Arribas e Carranza.[5]

Rexistro fósil

[editar | editar a fonte]

Os primeiros membros coñecidos que poderían ser Lacerta son fósiles de principios do Mioceno, que son indistinguibles anatomicamente dos modernos lagartos verdes como Lacerta viridis.[6]

Moitas especies que formaron parte deste xénero foron situadadas en varios xéneros por Arnold, Arribas e Carranza en 2007.[5][7]

Lacerta agilis é a especie tipo do xénero.
Imaxe Nome Distribución
Lacerta agilis
Lacerta bilineata
Lacerta citrovittata Grecia
Lacerta diplochondrodes
Lacerta media Xeorxia, Armenia, Acerbaixán, Irán,

Turquía, Israel, Xordania, Siria, Líbano e Rusia

Lacerta pamphylica Turquía
Lacerta schreiberi
Lacerta strigata Xeorxia, Armenia, Acerbaixán,

Turkmenistán, Turquía e Irán

Lacerta trilineata
Lacerta viridis

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia vive unha especie clasificada actualmente no xénero Lacerta:[8]

Algunhas especies que antes estaban incluídas en Lacerta

[editar | editar a fonte]

Salientaremos as seguintes da fauna ibérica:[Cómpre referencia]

Iberolacerta aranica, Iberolacerta aurelioi, Iberolacerta bonnali, Iberolacerta horvathi, Iberolacerta monticola, Podarcis muralis, Timon lepidus, Zootoca vivipara.

  1. lagarto, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. lagarta, 1ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. Linnaeus, C. 1758, p. 200.
  4. Lacerta no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
  5. 1 2 Arnold, E. Nicholas; Óscar Arribas & Salvdor Carranza (2007): "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera" Arquivado 23 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.. Zootaxa, 1430: 1-86. Auckland, New Zealand: Magnolia Press. ISBN 978-1-86977-097-6 (En papel), ISBN 978-1-86977-098-3 (Edición online).
  6. Čerňanský A. 2010. "Earliest world record of green lizards (Lacertilia, Lacertidae) from the Lower Miocene of Central Europe". Biologia 65 (4): 737-741. doi 10.2478/s11756-010-0066-y
  7. Lacerta. En The Reptile Database.
  8. Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9652-629-1, pp. 110-111.
  9. lagarto das silvas no Dicionario da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Lacerta na ADW. (Incúle moitas especies que hoxe están clasificadas fóra do xénero).
  • Lacerta na EOL. (Incúle só as especies que hoxe están clasificadas no xénero).
  • Lacerta Linnaeus, 1758 no ITIS. (Inclúe só tres especies: Lacerta bilineata Daudin, 1802, Lacerta valentini Boettger, 1892 e Lacerta vivipara Jacquin, 1787, as dúas últimas non incluídas hoxe no xénero).