Nicolaus Michael Oppel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1782 Schönficht, Alemaña |
Morte | 16 de febreiro de 1820 (37 anos) Múnic, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Oppel |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Nicolaus Michael Oppel (ás veces escrito o sen nome como Nikolaus), nado na vila de Schönficht, Alto Palatinado (hoxe no Land de Baviera) o 7 de decembro de 1782, e finado en Múnic o 16 de febreiro de 1820, foi un zoólogo especializado en herpetoloxía, taxónomo e ilustrador alemán.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oppel foi alumno e traballou como asistente de André Marie Constant Duméril (1774-1860) no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París catalogando e clasificando especies de réptiles.
En 1811 publicou un libro titulado Die Ordnungen, Familien und Gattungen der Reptilien, als Prodrom einer Naturgeschichte derselben (As ordes, familias e xéneros dos réptiles, como un pródromo dunha Historia Natural dos mesmos) no que estableceu a orde dos Squamata (escamosos) e as familias dos Cheloniidae (queloníidos) e os Colubridae (colúbridos), e a subfamilia dos Crotalinae (crotalinos), así como varios xéneros que aínda usan os taxónomos na actualidade.
Con Friedrich Tiedemann (1781-1861) e Joseph Liboschitz (1783-1824), foi coautor de Naturgeschichte der Amphibien (Historia Natural dos anfibios), publicada en 1817.[2]
Outras obras debidas a Oppel son:
- Sur la classification des reptiles (1811).[2]
- Calendarium anni millesimi quadringentesimi undecimi: ex laminis ligneis perantiquis in bibliotheca sua asservatis arte Lithographiae anno 1796 ab Aloisio Senefelder inventae descriptum (1814). (Con Carl Erenbert Moll, Hermann Mitterer e Alois Senefelder).[2]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Oppel emprégase para recoñecer a Nicolaus Michael Oppel como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ADB:Oppel, Nikolaus Michael na Allgemeine Deutsche Biographie.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 WorldCat Identities (publicacións).