Pedro Galán Regalado
| Nome orixinal | Pedro Manuel Galán Regalado |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 7 de decembro de 1955 Cee |
| Residencia | A Coruña |
| Formación profesional | Doutor en Bioloxía |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | zoólogo, herpetólogo, investigador, profesor universitario |
| Empregador | Universidade da Coruña |
Pedro Galán Regalado, nado en Cee o 7 de decembro de 1955,[1][2] é un zoólogo galego especializado en herpetoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Pedro Galán licenciouse en 1989, e doutorose en 1994 en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] coa tese titulada "Demografía y dinámica de una población de Podarcis bocagei",[3] na localidade de Carral durante o período setembro de 1989 a outubro de 1991.[4].
Docencia
[editar | editar a fonte]Entre 1996 e 2000 foi profesor en funcións na Universidade da Coruña, entre 2000 e 2001 profesor efectivo desta Universidade e, desde 2001, profesor titular da Facultade de Ciencias da UDC,[1][2] e membro do Grupo de Investigación en Bioloxía evolutiva[5] desa Universidade,[6] cargos que segue a desempeñar na actualidade.
Adscrito ao Departamento de Bioloxía da súa Universidade, imparte, entre outras, as materias "Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio", Biodiversidade Animal e Medio Ambiente e Fauna Ameazada.[7]
No presente curso 2018-2019, está a dirixir os seguintes traballos de grao e mestrado:[7]
- Estrutura e estima do tamaño dunha poboación relicta de baixa altitude do lacértido ameazado Iberolacerta monticola.
- Herpetofauna do concello de Laracha (A Coruña). Inventario, uso do espazo e factores de ameaza.
- Herpetofauna dunha zona de montaña do sueste de Galicia. Inventario, uso do espazo e factores de ameaza.
- Incidencia dunha enfermidade emerxente de anfibios en Galicia: a infección por dermocistidios no limpafontes palmado (Lissotriton helveticus).
- Steatoda nobilis (Thoell, 1875) (Araneae, Theridiidae): evolución da súa invasión biolóxica fóra da súa área de orixe e revisión da súa posición na árbore filoxenética da familia Theridiidae.
Desde 2010 é vogal representante do estudo e a investigación de vertebrados do Observatorio Galego da Biodiversidade, da Xunta de Galicia e, desde 2011, membro do Comité Científico da Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, e do Catálogo Español de Especies Ameazadas, do Ministerio de Medio Ambiente de España.[6]
Até o ano 2011 o doutor Galán dirixiu catro teses de doutoramento.[8]
Investigación
[editar | editar a fonte]En 1992 iniciou a súa actividade profesional como director do departamnento de Estdos Ambientais da empresa Lignitos de Meirama, S A., que desempeñou até 1996.[1] Pedro Galán encargouse de restaurar os terreos afectados pola explotación mineira, e da investigación sobre a rehabilitación dos impactos ambientais.[2]
Está especializado no estudo dos anfibios e os réptiles de Galicia, participando tamén en estudos xerais sobre a herpetofauna española.[2]
Os principais campos de investigación do doutor Galán céntrase na historia natural, a ecoloxía de poboacións, a bioloxía evolutiva, a biodiversidade, a bioloxía de vertebrados e a bioloxía da conservación dos anfibios e réptiles ibéricos.[2][6][7][9]
O doutor Galán é membro de equipos de investigación de varios proxectos financiados pola Xunta de Galicia e outras institucións, e director principal dalgún deles. Así mesmo, foi un dos fundadores, e membro da xunta directiva, da Asociación Herpetolóxica Española, sociedade científica que ten como obxectivos prioritarios o estudo e a conservación da herpetofauna ibérica.[2]
Así mesmo, é membro do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva (GIBE),[10] da Universidade da Coruña, grupo integrado dentro da Rede Galega de Conservación da diversidade biolóxica, e representante do estudo e investigación dos vertebrados do Observatorio Galego da Biodiversidade[11] da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]- 1982 - Esos anfibios y reptiles gallegos (con José Curt Martínez). Mollabao, Campolongo, Pontevedra): José Curt Martínez. ISBN 84-3007-218-7.
- 1993 - Anfibios e réptiles de Galicia (con Gustavo Fernández Arias). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6.
- 1994 - Demografía y dinámica de una población de "Podarcis bocagei". Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 84-8121-146-X.
- 1998 - Reptiles (con María Asunción Andreu Soler, A. Bea, Florentino Braña Vigil, Luis Felipe López Jurado, Valentín Pérez Mellado, Juan Manuel Pleguezuelos Gómez e A. Salvador). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC / Museo Nacional de Ciencias Naturales. ISBN 84-0007-713-X.
- 1999 - Conservación de la herpetofauna gallega. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9532-219-7.
- 2003 - Anfibios y reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia: faunística, biología y conservación. Madrid: Organismo Autónomo Parques Naturales. ISBN 84-8014-516-1.
- 2005 - Lista patrón actualizada de la herpetofauna española: conclusiones de nomenclatura y taxonomía para las especies de anfibios y reptiles de España (Con A. Montori et al.). Asociación Herpetológica Española, (Texto completo en PDF.).
- 2006 - Guía dos anfibios e réptiles. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-4534-454-5.
- 2009 - Generación de escenarios regionalizados de cambio climático para España (con M. Brunet, M. J. Casado, M. de Castro, J. A López e J. M. Martín). Madrid: Agencia Estatal de Meteorología (AEMET), Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. (Texto completo).
- 2015 - Los anfibios y reptiles extinguidos: herpetofauna desaparecida desde el año 1500. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-629-2.
Capítulos de libros
[editar | editar a fonte]- 2002 - "Los anfibios". En: Galicia: Naturaleza. Francisco Díaz-Fierros Viqueira (coord.); Francisco Rodríguez Iglesias (dir.). Proyecto Galicia, Vol. 38, Zoología II. (coord. Fernando Cobo Gradín). A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-8946-892-3, páxs. 514-551.
- 2002 - "Los reptiles". En: Galicia: Naturaleza Francisco Díaz-Fierros Viqueira (coord.); Francisco Rodríguez Iglesias (dir.). Proyecto Galicia, Vol. 38, Zoología III. (coord. Fernando Cobo Gradín). A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-8946-885-0, páxs. 20-67.
Artigos en revistas científicas
[editar | editar a fonte]Pedro Galán publicou case un cento de artigos en revistas científicas nacionais e estranxeiras, como Ecography, Journal fo Zoology, Herpetological Journal, Herpetologica, Copeia, Anfibia-Reptilia, Animal Biology, Canadian Journal of Zoology, Journal of Arid Environementes, e outras.
(Ver a lista completa na publicacións Arquivado 25 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. na web do GIBE. UDC Arquivado 25 de setembro de 2017 en Wayback Machine. ou en Dialnet).
Epónimo
[editar | editar a fonte]En 2006 os herpetólogos Oscar Arribas, Salvador Carranza e Gaetano Odierna nomearon a nova especie Iberolacerta galani na súa honra.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Pedro Manuel Galán Regalado. Perfil científico en miteco.gob.es
- 1 2 3 4 5 6 Galán Regalado, Pedro, na Gran Enciclopedia Galega, Tomo 38, 2006, A Coruña: Editorial Novos Vieiros. ISBN 978-84-9349-250-2.
- ↑ Tese, en Dialnet.
- ↑ Resume)
- ↑ "GIBE". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de novembro de 2019.
- 1 2 3 Pedro Galán en Herpetoloxía Ibérica.
- 1 2 3 Ficha do Dr. Pedro Manuel Galán Regalado Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na web da Universidade da Coruña.
- ↑ Teses dirixidas en Dialnet.
- ↑ Pedro Galán en Google académico.
- ↑ "GIBE". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 24 de novembro de 2019.
- ↑ Observatorio Galego da Biodiversidade
- ↑ Arribas, O.; Carranza, S. & Odierna, G. (2006): "Description of a new endemic species of mountain lizard from Northwestern Spain: Iberolacerta galani sp. nov. (Squamata: Lacertidae)". Zootaxa 2240: 1-55.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotografía e publicacións de Pedro Galán Arquivado 25 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. na web do GIBE. UDC