Saltar ao contido

Escamosos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escamosos
Squamata
Nicolaus Michael Oppel 1811 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
SubreinoBilateria
FiloChordata
ClaseReptilia
SuperordeLepidosauria
OrdeSquamata Editar o valor en Wikidata
Oppel, 1811 Squamata Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 199 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Período de aparición
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01shdw Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778328004 Editar o valor en Wikidata
ITIS173861 Editar o valor en Wikidata
OTT35888 Editar o valor en Wikidata
CoLBXVXG Editar o valor en Wikidata
EOL1704 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A dos escamosos (Squamata) é unha orde de saurópsidos (réptiles) diápsidos que inclúe os lagartos, camaleóns, iguanas e formas afíns, as serpentes e os ánguidos ou cobras cegas.

Evolutivamente é a orde máis recente de réptiles. Son tamén os réptiles actuais que alcanzaron maior éxito ecolóxico e os que máis especies inclúe, máis de 5 000.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1811 polo zoólogo especializado en herpetoloxía, taxónomo e ilustrador alemán Nicolaus Michael Oppel,[2] na súa obra Die Ordnungen, Familien und Gattungen der Reptilien, als Prodrom einer Naturgeschichte derselben (As ordes, familias e xéneros dos réptiles, como un pródromo dunha Historia Natural dos mesmos).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Squaqmata está formado pola unión dos elementos do latín científico squam- e -ata, tirados do latín clásico squmāma, "escama", e do sufixo latino -ata, indicando plural, respectivamente.[3] Literalmente: "os que teñen escamas".

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome hoxe en día válido, a orde coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Lacertilia ‎Günter‎, ‎1867 (hoxe considerado como unha suborde)
  • Sauria ‎Macartney, 1802 (hoxe considerado como un clado)

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A orde dos escamosos comprende, de acordo coa clasificación tradicional, as tres subordes seguintes, coas infraordes que se indican:

Suborde Lacertilia (antes saurios) - lagartos

Os lacertilios parece que son parafiléticos, de modo que se subdividen en seis subordes, segundo o seguiente esquema, que dista de ser definitivo:[4]
Infraorde Dibamidae
Infraorde Iguania (iguanas e Chamaeleonidae camaleóns)
Infraorde Gekkota (xecos)
Infraorde Scincomorpha (Escíncidos, Teiidae e lagartos europeos)
Infraorde Diploglossa (Anguidae)
Infraorde Platynota (varanos e monstro de Gila)

Suborde Serpentes (ou ofidios) - serpentes

Infraorde Alethinophidia (víboras, boas, cobras etc.)
Infraorde Scolecophidia

Suborde Amphisbaenia - cobras cegas

Ademais, cabe citar o clado extinto Polyglyphanodontia, que parece ser o taxon irmán de Scleroglossa.[5]

Características

[editar | editar a fonte]
Cranio xeneralizado dun escamoso. Trátase dun cranio diápsido modificado, xa que a fenestra inferior está aberta por debaixo
j: xugal, p: parietal, po: postorbital, q: cadrado, sq: escamoso.

Aínda que os escamosos conservan numerosos caracteres reptilianos primitivos, presentan varias especializacións que faltan no seu grupo irmán, os tuataras, e ás que pode atribuírse en parte o éxito que alcanzaron.

Por exemplo, a parte superior da mandíbula superior está rixidamente unida ao cranio, pero no maxilar inferior posúe un óso cadrado móbil que comunica o seu movemento aos ósos da mandíbula, o que favorece a deglutición das presas; os cranios con esta propiedade coñécense co nome de "cranio cinético". Así mesmo, posúen un par de órganos copuladores exclusivos.

Existe unha tendencia xeral á redución das patas, fenómeno que tivo lugar de maneira independente en case a metade das familias actuais de lagartos e, por suposto, nas serpentes e nos anfisbénidos.

Os escamosos caracterízanse pola muda da súa pel.

Posúen dous órganos de Jacobson de estrutura complexa e de grande importancia funcional. Trátase de estruturas ocas en forma de bóveda situadas na zona anterior do padal comunicadas coa cavidade bucal por medio dun estreito conduto. As partículas olorosas son levadas aos condutos de dito órgano mediante a punta da lingua, que é bífida nas serpentes e en moitos lagartos. Os órganos de Jacobson están innervados por unha rama individualizada do nervio olfactorio. Estes órganos participan tamén no recoñecemento sexual e no seguimento do rastro deixado polas presas.

Moitas especies son capaces de romper e desprender a súa cola cando se ven en perigo ou son capturados por un depredador; esta capacidade, denominada autotomía, débese á presenza de planos especiais de ruptura das vértebras caudais; ditos planos de ruptura danse tamén nas tuataras, pero non nas serpentes.[1] Tras a autotomía, a cola rexenérase.

Orixe e evolución

[editar | editar a fonte]

Os escamosos apareceron a finais do triásico e constitúen un grupo máis antigo do que se supoñía; porén, ningunha das familias actuais é moi anterior ao Cretáceo; a primeira serpente é do Cretáceo superior, e o grupo non parece que se diversificara até o oligoceno.[1]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Cladograma segundo unha análise de Evans e Wang en 2010:[6]

Ophiophagus hannah, unha cobra.
Squamata 

Iguania

Huehuecuetzpalli

Hoyalacerta

 Scincogekkonomorpha 

Bavarisaurus

Eichstaettisaurus

Scandensia

Ardeosaurus

Yabeinosaurus

Liushusaurus

Scleroglossa

  1. 1 2 3 Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omegap. ISBN 84-2820-206-0.
  2. 1 2 Squamata Oppel, 1811 no ITIS.
  3. Squamata no Merriam-Webster Unhagriged Dictionary.
  4. Squamata - Tree of Life Arquivado 02 de novembro de 2019 en Wayback Machine..
  5. Jacques A. Gauthier, Maureen Kearney, Jessica Anderson Maisano, Olivier Rieppel & Adam D. B. Behlke (2012). "Assembling the Squamate Tree of Life: Perspectives from the Phenotype and the Fossil Record". Bulletin of the Peabody Museum of Natural History 53 (1): 3–308. doi:10.3374/014.053.0101.
  6. Susan E. Evans; Yuan Wang (2010). "A new lizard (Reptilia: Squamata) with exquisite preservation of soft tissue from the Lower Cretaceous of Inner Mongolia, China". Journal of Systematic Palaeontology 8 (1): 81–95. doi:10.1080/14772010903537773.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]