Galotiinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gallotiinae")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Galotiinos
Gallotiinae
Eidechsen Teide.jpg
Gallotia galloti, macho (arriba) e femia,
no Teide, Tenerife
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Gallotiinae
Cano, Báez, López-Jurado & Ortega, 1984
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos Galotiinos (Gallotiinae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, unha das dúas en que se subdivide a familia dos lacértidos.

As sús especies distribúense polas illas Canarias, a península Ibérica e os tres estados do noroeste de África: Marrocos, Alxeria e Tunisia.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1984 polos zoólogos españois Jesús Cano Pérez, Marcos Báez, Luis Felipe López-Jurado e Gloria Ortega.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Gallotiinae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Gallotia, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias dos animais.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A subfamilia comprende unicamente dous xéneros, con 14 especies:[2]

Subfamilia Gallotiinae Cano, Baez, López-Jurado & Ortega, 1984

Ademais, describíronse algúns taxons fósiles como, por exemplo, Janosikia ulmensis do mioceno inferior de Alemaña, e Pseudeumeces cadurcensis do oligoceno.[6]

Características[editar | editar a fonte]

Os galotiinos son en xeral similares ás especies da outra subfamilia dos lacértidos, a dos lacertinos. Chaman a atención as especies case extintas e recentemente redescubertas nas illas de Gran Canaria, Tenerife, La Gomera e El Hierro, que poden medir medio metro ou incluso 75 cm de lonxitude (xigantismo isleño). Os galotiinos difieren principalmente dos lacertinos pola súa capacidade para emitiren sons, e por posuíren espiñas suaves na zona de división dos dous hemipenes, que desta maneira non están enganchados.[Cómpre referencia]

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia viven días especies do xénero Psammodromus:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. Cano, M. Báez, L. F. López-Jurado & G. Ortega (1984): "Karyotype and Chromosome Structure in the Lizard Gallotia galloti in the Canary Islands". Journal of Herpetology 18 (3): 344-346.
  2. Gallotiinae en The Reptile Database.
  3. Barahona, F.; Evans, S. E.; Mateo, J. A.; García-Márquez, M. & López-Jurado, L. F. (2000): "Endemism, gigantism and extinction in island lizards: the genus Gallotia on the Canary Islands". J. Zool. 250 (3): 373-388.
  4. Psammodromus na EOL.
  5. Fitze, Patrick S.; Gonzalez-Jimena, V.; San-José, L.M.; San Mauro, D. & Zardoya, R. 2012. A new species of sand racer, Psammodromus (Squamata: Lacertidae), from the Western Iberian Peninsula. Zootaxa 3205: 41–52.
  6. Andrej Čerňanský, Jozef Klembara & Krister T. Smith (2016): "Fossil lizard from central Europe resolves the origin of large body size and herbivory in giant Canary Island lacertids". Zoological Journal of the Linnean Society' 176 (4): 861–877.
  7. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 337.
  8. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 342.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cano, J.; M. Baez, L. F. López-Jurado & G. Ortega(1984): "Karyotype and Chromosome Structure in the Lizard, Gallotia galloti in the Canary Islands". Journal of Herpetology 18 (3): 344-346.
  • Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6.
  • Mayer, W. & Benyr, G. (1994): "Albumin-Evolution und Phylogenese in der Familie Lacertidae (Reptilia: Sauria)". Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien. Serie B für Botanik und Zoologie 96: 621–648.

Outros artigos[editar | editar a fonte]