Lacerta agilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lacerta agilis
Lagarta áxil

Lacerta agilis macho

Lacerta agilis femia
Lacerta agilis femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Xénero: Lacerta
Especie: L. agilis
Nome binomial
Lacerta agilis
Linnaeus, 1758
Área de distribución de Lacerta agilis
Área de distribución de Lacerta agilis

Área de distribución de Lacerta agilis
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Lacerta agilis, é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos e familia dos lacértidos, da que é a súa especie tipo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae.[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Lacerta.

O epíteto específico, agilis, Linnaeus tomouno do adxectivo latino agilis, -e, "lixeiro", "áxil", "veloz", "activo", en alusión a unha das (supostas) características deste animal.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome hoxe válido, a especie coñeceuse, entre outros, polos sinónimos:[3]

  • Seps argus Laurenti, 1768
  • Lacerta agilis var. dilepis Lichtenstein, 1856
  • Lacerta paradoxa Bedriaga, 1886
  • Lacerta boemica Suchov, 1929
  • Lacerta agilis garzoni Palacios & Castroviejo, 1975

Subespecies[editar | editar a fonte]

Dentro da especie moitos autores distinguen as subespecies:[4]

Porén, The Reptile Database admit as seguintes:[3]

  • Lacerta agilis agilis Linnaeus 1758
  • Lacerta agilis argus (Laurenti 1768)
  • Lacerta agilis boemica Suchow 1929
  • Lacerta agilis bosnica Scheiber 1912
  • Lacerta agilis brevicaudata Peters 1958
  • Lacerta agilis chersonensis Andrzejowski 1832
  • Lacerta agilis exigua Eichwald 1831
  • Lacerta agilis grusinica Peters 1960
  • Lacerta agilis ioriensis Peters & Muskhelischwili 1968
  • Lacerta agilis mzymtensis Tuniyev & Tuniyev 2008

Características[editar | editar a fonte]

Lacerta agilis é unha lagarta de patas dimórficas sexualmente. Os adultos miden até os 9 cm desde o fociño até á cloaca, sendo a súa lonxitude total de até 25 cm. O seu tronco é algo repoludo, sendo a cabeza e a patas curtas, cos dedos dos pés das posteriores moito máis longos que os das anteriores. A súa coloración e moi variábel, presentando en xeral o dorso con grandes manchas escuras e claras, cunha liña vertebral clara normlmente interrompida. No centro do dorso ten unha banda moi patente de escamas estreitas ben diferenciadas das demais. Exhibe un colar de bordos serrado formado por de 7 a 1 escamas. Os machos teñen os flancos de cor verde, que se fai moi intenso na época da reprodución, na primavera, esvaecéndose de novo a finais do verán. Os xuvenís son de cor parda versosa con rechamantes ocelos claros rodeados dunha área con tonalidade máis escura.[5][6]

Diferenzas intraespecíficas[editar | editar a fonte]

Nas subespecies máis occidentais L. a. agilis e L. a. argus, a franxa dorsal é delgada e interrompida, ou non está presente en absoluto. Isto dase particularmente nesta última subespecie, que tamén inclúe unha fase de cor vermella ou parda sen marcas dorsais. Nestas dúas subespecies, só os flancos dos machos vólvense verdes na época de apareamento, pero nas subespecies orientais, especialmente en L. a. exigua, os machos poden seren totalmente verdes, incluso fóra da época de reprodución.[Cómpre referencia]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Contrariamente ao que suxire o seu epíteto científico, Lacerta agilis é unha especie relativamente torpe. Escava galerías entre as raíces das matas ou debaixo dunha pedra; os machos defenden doutros machos o seu pequeno territorio; nestes tobos hibernan desde outubro até marzo ou abril. A cópula ten lugar no mes de maio, poñendo as femias catro semanas despois até 17 ovos, que adoitan agocharen baixo unha pedra. Contra finais de agosto nacen as pequenas lagartas, que superan apenas os 5 cm de lonxitude.[7]

Cando unha femia se aparea con dous ou máis machos, pode producirse unha competencia de esperma dentro do tracto reprodutor da femia. A selección activa da esperma por parte das femias parece ocorrer dun xeito que mellora a forma física destas. Neste proceso selectivo, os espermatozoides dos machos que están máis afastados xeneticamente da femia úsanse preferentemente para a fecundación, máis que o esperma de parentes próximos.[8] Esta preferencia pode mellorar a aptitude da descendencia ao reducir a depresión endogámica.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa área de dispersión comprende a maior parte de Europa, desde o sur de Inglaterra e de Suecia até o nordeste da Península Ibérica e os Balcáns, e da Asia Central, onde chega a altas altitudes (3 500 m), aínda que se encontra practicamente ausente en gran parte da España, o sur de Francia e en toda Italia. Nestas zona a súa distribución adoita ser desigual.[9]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Na maior parte da súa distribución europea e asiática pode encontrarse en todo tipo de terreos, incluso en terras de cultivo e xardíns,[5] na Península Ibérica, onde só se atopa nois vales altos dos Pireneos centrais,[10] está restrinxida a prados e zonas de matogueiras preto de bosques de alta montaña, chegando até os 2 000 m de altitude.[5]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Esta especie está ameazada pola perda de hábitat debido á urbanización, a conversión de parte deste para usos agrícolas (especialmente a perda de sebes e outros hábitats axeitados), o desenvolvemento turístico costeiro e alpino e a perda de prácticas forestais tradicionais. Moitos animais morren en estradas en partes da súa área de distribución (por exemplo, en Austria).[1] Crese que algunhas poboacións en Suecia padecen deformacións por consanguinidade (depresión endogámica ou depresión de consanguinidade) debido á súa distribución fragmentada.[11] Hai algunha predación de animais por gatos nas zonas urbanas. Os hábitats abertos, que esta especie require, están a ser cubertos de vexetación. É unha especie ameazada en gran parte do noroeste da súa área, incluído o Reino Unido, Escandinavia e o norte de Alemaña.[1]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) tendo en conta que Lacerta agilis, debido á súa moi ampla área de distribución, á súa tolerancia a un grao de modificación do seu hábitat nalgunhas partes da súa área de dispersión, e á presunta gran poboación (aínda que está en descenso en partes da súa área de dipersión, en xeral é pouco probábel que descenda o suficientemente rápido (30 % ou máis) para poder clasificala nunha categoría ameazada a nivel global, polo que avalís o seu status como LC (pouco preocuante). Porén, numerosas subpoboacións están ameazadas.[1]

Neste último aspecto cómpre sinalar que en Francia esta lagarta está estritamente protexida pola lei.[12] E en España está considerada como especie en perigo de extinción.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Agasyan, A., et. al. (2010): Lacerta agilis na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 18 de novembro de 2019.
  2. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, ed. 10ª (texto completo).
  3. 3,0 3,1 Lacerta agilis LINNAEUS, 1758 en The Reptile Database.
  4. Lacerta agilis en eurolizards.com (en inglés).
  5. 5,0 5,1 5,2 Andrada 1980, p. 100.
  6. Michael Allaby (1999). "Lacertidae". A Dictionary of Zoology. Oxford University Press, Encyclopedia.com. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  7. Andrada 1980, pp. 100-102.
  8. Olsson M.; Shine, R.; Madsen, T.; Gullberg, A. & Tegelström, H. (1997). "Sperm choice by females". Trends Ecol. Evol. 12 (11): 445–446. PMID 21238151. doi:10.1016/s0169-5347(97)85751-5. 
  9. Arnold, E. Nicholas; Arribas, Oscar; Carranza, Salvador (2007). "Systematics of the Palaearctic and Oriental lizard tribe Lacertini (Squamata: Lacertidae: Lacertinae), with descriptions of eight new genera" (PDF). Zootaxa (Auckland, New Zealand: Magnolia Press) 1430: 1–86. ISBN 978-1-8697-7097-6. doi:10.11646/zootaxa.1430.1.1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2021. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  10. Andrada 1980, p. 102.
  11. Olsson, M.; Gullberg, A. & Tegelstrom, H. (1996): "Malformed offspring, sibling matings, and selection against inbreeding in the sand lizard (Lacerta agilis)". Journal of Evolutionary Biology 9 (2): 229-242.
  12. Arrêté du 19 novembre 2007 fixant les listes des amphibiens et des reptiles protégés sur l'ensemble du territoire et les modalités de leur protection. Version consolidée au 18 novembre 2019. Consultada o 18 de novembro de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andrada, Javier (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Bacelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-589-2.
  • Andrén, C.; Berglind, S. & Nilson, G. (1988): "Distribution and conservation of the northernmost populations of the sand lizard Lacerta agilis". Mertensiella 1: 84-85.
  • Andreu, A.; Bea, A.; Braña, F.; Galán, P.; López-Jurado, L. F.; Pérez-Mellado, V.; Pleguezuelos, J. M. & Salvador, A. (2005): Fauna Ibérica. Volumen 10. Reptiles, 2ª reimpresión. Madrid: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. ISBN 84-0007-713-X.
  • Ananjeva, N. B.; Orlov, N. L.; Khalikov, R. G.; Darevsky, I. S.; Ryabov, I. S. & Barabanov, A. V. (2006): An Atlas of the Reptiles of North Eurasia. Taxonomic Diversity, Distribution, Conservation Status. Sofía, Bulgaria: Pensoft Publishers. Pensoft Series Faunistica. ISBN 978-9-5464-2269-9.
  • Arnold, E. N. (2003): Reptiles and Amphibians of Europe. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-1-9036-5725-6.
  • Andrzejowski (1832): "Reptilia imprimis Volhyniae, Podoliae et Gubernii Chersonensis". Nouveaux Mémoires de la Société Impériale des Naturalistes de Moscou, vol. 2, pp. 319–346. (Texto completo).
  • Eichwald (1831): Zoologia specialis, quam expositis animalibus tum vivis, tum fossilibus potissimuni rossiae in universum, et poloniae in specie, in usum lectionum publicarum in Universitate Caesarea Vilnensi. Zawadski, Vilnae, vol. 3, pp. 1-404 (Texto completo).
  • Laurenti (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan Thomae, pp. 1-217. (texto completo).
  • Linnaeus (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, ed. 10ª (texto completo).
  • Peters (1958): "Die Zauneidechse des Kleinen Kaukasus als besondere Unterart – Lacerta agilis brevicaudata ssp. n. Zoologische Jahrbücher. Abteilung für Systematik, Geographie und Biologie der Tiere, Jena, vol. 86b, n° 1/2, pp. 127-138 (texto completo).
  • Peters (1960): "Die Grusinische Zauneidechse Lacerta agilis grusinica nomen novum" Zoologischer Anzeiger, Jena, vol. 165, pp. 279-289 (texto completo).
  • Peters & Muskhelischwili (1968): "Lacerta agilis ioriensis – eine neue Subspecies der kaukasischen Zauneidechsen". Zoologische Jahrbücher. Abteilung für Systematik, Geographie und Biologie der Tiere, Jena, vol. 95, pp. 213-228 (texto completo).
  • Schreiber (1912): Herpetologia Europaea (2. Aufl.) Jena: Fischer, pp. 1-960.
  • Suchow (1929): "Description of a new species of Lizards from the environs of Vladicaucasus (Lacerta boemica, sp. n.)". Académie des Sciences de l'Ukraïne, Mémoires de la Classe des Sciences Physiques et Mathématiques, vol. 13, n° 1, pp. 115-117 (texto completo).
  • Tuniyev & Tuniyev (2008): "Intraspecific Variation of the Sand Lizard (Lacerta agilis) from the Western Caucasus and Description of a New Subspecies Lacerta agilis mzymtensis ssp. nov. (Reptilia: Sauria)". Russian Journal of Herpetology, vol. 15, n° 1, pp.55-66 (texto completo).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]