Pernambuco
Pernambuco | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Hino de Pernambuco | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Recife | ||
• Poboación | 1.555.039 (2012) | ||
Lingua oficial | Portugués | ||
Forma de goberno | Estado | ||
Gobernadora | Raquel Lyra (PSDB) | ||
Fundación | 1889 | ||
Superficie | Posto 19º | ||
• Total | 98.311 km² | ||
• % auga | n/d | ||
Fronteiras | n/d km | ||
Costas | 187 km | ||
Poboación | Posto 7º | ||
• Total | 8.931.028 (2012) hab. | ||
• Densidade | 91 hab./km² | ||
Xentilicio | Parnambucano, pernambucana | ||
Fuso horario | BRT (UTC-3) | ||
Dominio de Internet | .br | ||
Código ISO | BR-PE | ||
Estados do Brasil | |||
Pernambuco[1] é un estado brasileiro localizado no centro-leste da rexión Nordeste. Ten como límites os Estados de Paraíba e Ceará ao noroeste, o Océano Atlántico ao leste, Alagoas e Baía ao sur e Piauí ao oeste. Ocupa unha área de 98 281 km2 (un pouco máis grande que Hungría).
A súa capital e cidade máis poboada é Recife. Outras importantes cidades pernambucanas son Jaboatão dos Guararapes, Olinda, Caruaru, Paulista, Petrolina, Cabo Vitória de Santo Antão e Santa Cruz do Capibaribe. A illa de Fernando de Noronha forma parte administrativa do estado de Pernambuco.
Historia[editar | editar a fonte]
En 1534 a capitanía de Pernambuco foi doada a Duarte Coelho, quen fundou Recife e Olinda, e iniciou a cultura da cana de azucre, que tivo importante papel na historia económica do país.
Entre 1630 e 1654, quedou baixo dominio neerlandés, pasando por importantes transformacións culturais, económicas e sociais no goberno do conde Maurício de Nassau. Ó final, os holandeses foron expulsados. O sentimento nativista e autonomista, derivado da expulsión dos holandeses, acabou provocando a Guerra dos Mascates, entre as cidades de Olinda e Recife, nos anos 1710 e 1711.
A partir dese momento e coa decadencia da produción azucareira, a rexión entrou en declive. No século XIX, Pernambuco foi escenario dunha serie de revoltas separatistas, verificadas en 1811 (Conspiración dos Suasunas), 1817 (Revolución Pernambucana), 1825 (Confederación do Ecuador) e 1848 (Revolución Praieira). Despois da independencia do Brasil en 1822 tornouse provincia do Imperio. Coa república en 1889, tornouse estado.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Relevo e hidrografía[editar | editar a fonte]
O relevo do estado é moderado: 76% do territorio están abaixo dos 600m. Os ríos principais son o São Francisco, Capibaribe, Ipojuca, Una, Pajeú e o Jaboatão.
Clima[editar | editar a fonte]
O clima é basicamente tropical, presentando tamén variantes nalgunhas áreas: as cidades de Triunfo e Gravatá, por exemplo, presentan un clima máis ameno influenciado pola altitude. A pluviosidade tamén é variada. Na Zona da Mata (rexión plana xunta a costa, ao leste do estado) e no Agreste (zona de transición situada no interior), o clima é predominantemente tropical - quente e húmido, con fortes choivas de inverno. Na maior parte do sertão (centro e oeste do estado), o clima é semiárido - quente e bastante seco, debido ás poucas choivas. Nalgunhas rexións, as precipitacións anuais son inferiores a 300 mm. As secas máis intensas poden durar máis dun ano.
As excepcións na zona do sertão son algunhas cidades con clima de altitude, con temperaturas que poden caer a 8 °C durante o inverno, como Triunfo, e nas beiras do río São Francisco, área máis húmida que as veciñas por conta do río.
División administrativa[editar | editar a fonte]
Municipios[editar | editar a fonte]
Economía[editar | editar a fonte]
Agropecuaria | 7,7% |
Industria | 33,3% |
Comercio e Servizos | 59% |
A economía baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca), gandería, na industria (alimenticia, química, metalúrxica, electrónica, téxtil) e turismo. O pau brasil, que despertou a cobiza dos europeos posibelmente ata antes da descuberta do Brasil, hoxe non ten máis importancia económica. Nos últimos anos, o turismo tamén se destaca economicamente.
Agricultura[editar | editar a fonte]
Dende o inicio da colonización portuguesa, o estado foi basicamente agrícola, destacando na produción nacional de cana de azucre debido ó clima e ao chan fértil. Nas últimas décadas, con todo, esa case monocultura feita para a produción de azucre e alcohol, vén terminando. Están a ser exploradas tamén a extracción doutros produtos vexetais, ademais da floricultura. Tamén ten grande importancia internacional a produción irrigada de froitas - case que totalmente dirixida á exportación - ao longo do río São Francisco e concentrada na cidade de Petrolina, en parte debido ó seu aeroporto internacional, con gran capacidade para avións de carga. O municipio de Gravatá é o segundo máis grande produtor de flores do país, detrás soamente de San Paulo.
Industria[editar | editar a fonte]
Industrias modernas concéntranse próximo ó porto de Suape, instalado en 1979. As principais industrias son de alimentos, química, de materiais eléctricos, comunicacións, metalurxia e minerios non-metálicos.
Turismo[editar | editar a fonte]
Nos últimos anos, unha das grandes fontes de renda do estado é o turismo, grazas ós atractivos naturais, históricos e culturais do estado. Este crecemento atraeu grandes redes internacionais de hoteis e levou á modernización e ampliación do aeroporto de Recife.
Os atractivos poden ser agrupados en:
- cidades de praia: Recife, Olinda, Jaboatão dos Guararapes, Itamaracá, Ipojuca (onde queda o famoso distrito de Porto de Galinhas), Serrambi
- ecoturismo e praias: na illa de Fernando de Noronha.
- monumentos históricos: o Recife Antigo, o centro histórico de Olinda, o Forte Orange (fortaleza construída polos holandeses na illa de Itamaracá) e outros.
- as festas tradicionais: o Carnaval de Olinda e Recife cos seus bloques de frevo, e as Festas Juninas (celebración dos santos populares católicos no mes de xuño) na cidade de Caruaru son os principais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pernambuco". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1616.
- ↑ Municipios de Pernambuco - IBGE
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pernambuco ![]() |