Lazar Hayward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lazar Hayward
Axente libre
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 26 de novembro de 1986 (37 anos)
Buffalo, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Buffalo Traditional
(Buffalo, Nova York)
Notre Dame Prep
(Fitchburg, Massachusetts)
Universidade Marquette (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 30
Por Washington Wizards
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2010–2011)
Oklahoma City Thunder (2011–2012)
Tulsa 66ers (2012)
Minnesota Timberwolves (2012–2013)
Los Angeles D-Fenders (2013; 2016)
Long Island Nets (2016–2017)
Guaros de Lara (2017)

Lazar Miller Hayward, nado o 26 de novembro de 1986 en Buffalo, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional. Antes xogou para a Universidade de Marquette.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado polos Washington Wizards na 30ª posición do Draft da NBA de 2010, e os seus dereitos foron traspasados aos Minnesota Timberwolves pouco despois de ser drafteado.

O 13 de decembro de 2011, Hayward foi traspasado aos Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft e Robert Vaden. O 2 de marzo de 2012, foi asignado aos Tulsa 66ers da NBA D-League.[1] Foi chamado de volta polos Thunder o 4 de marzo tras facer 28 puntos por partido en dous encontros cos Tulsa 66ers.

O 27 de outubro de 2012, Hayward foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oklahoma City Thunder assign forward Lazar Hayward to the Tulsa 66ers". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2012. 
  2. "Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]