Los Angeles Clippers
Los Angeles Clippers | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Pacífico |
Fundación | 1970 |
Historia | Buffalo Braves (1970–1978) San Diego Clippers (1978–1984) |
Cores | Vermello, azul |
Localización | |
Cidade | Os Ánxeles (California) |
Pavillón | Staples Center |
Capacidade | 19.060 espectadores |
Inauguración | 17 de outubro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Steve Ballmer |
Presidente | Doc Rivers |
Director | Dave Wohl |
Adestrador | Doc Rivers |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 2 (2013, 2014) |
clippers.com |
Os Los Angeles Clippers son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede nos Ánxeles (California). Os Clippers compiten cada ano na National Basketball Association (NBA), sendo membros da División Pacífico da Conferencia Oeste. O club xoga os seus partidos como local no Staples Center, pavillón que comparten cos seus rivais da NBA Los Angeles Lakers, o equipo da NBA feminina Los Angeles Sparks e a franquía de hóckey sobre xeo da NHL Los Angeles Kings.
Fundado en 1970, conseguiu o seu primeiro título de división na tempada 2012-13. Ademais tan só en nove tempadas da súa historia lograron máis vitorias que derrotas. A consecuencia deses resultados é, entre outras cosas, os tres trocos de cidade que sufriu o equipo dende a súa fundación, pasando por Buffalo, San Diego e, actualmente, Os Ánxeles.
Historia
[editar | editar a fonte]Buffalo Braves
[editar | editar a fonte]Os Clippers foron fundados na cidade de Buffalo, no estado de Nova York, en 1970. O nome de "Braves" proviña da historia dos nativos americanos na cidade.[1] Os Braves xogaron as súas oito tempadas na cidade no "Buffalo Memorial Auditorium", compartindo o pavillón con outro equipo, os Buffalo Sabres da National Hockey League. O primeiro adestrador do equipo foi o membro do Basketball Hall of Fame Dolph Schayes, mentres que as primeiras estrelas do equipo foron Bob Kauffman e Don May, quen fora adquirido no draft de expansión. Os Braves terminaron a súa primeira campaña cun balance de 22-60, típico en equipos debutantes.[2] Kauffman, que o ano anterior promediara 4,3 puntos cos Chicago Bulls, liderou aos Braves con 20,4 puntos por partido e fíxose un oco no All-Star Game de 1971.[3]
Os Braves repetiron o balance de 22 vitorias e 60 derrotas na seguinte tempada, mais unha serie de fichaxes conseguiron mellorar de xeito importante a calidade do equipo: elixiu no draft ao pivote Elmore Smith e ao escolta Randy Smith, que procedente da Universidade Estatal de Búfalo, converteuse nun dos favoritos do público.[2] Porén, aínda co novo adestrador Jack Ramsay, o equipo non mellorou moito a seguinte tempada, conseguindo un pobre rexistro de 21-61. Con todo, o gran movemento dos Braves esa tempada foi seleccionar no draft a Bob McAdoo, procedente da Universidade de North Carolina, sendo o cambio tan grande que na seguinte tempada o equipo clasifícase por primeira vez á rolda de playoffs, aínda que foron eliminados na primeira eliminatoria polos Boston Celtics en primeira rolda.[4] Ao ano seguinte, na tempada 1974-75, McAdoo gaña o MVP da Tempada, cunha media de 34,5 puntos, 14,1 rebotes e 2,12 tapóns por partido, cun 51,2% en tiros de campo e un 80,5 % en tiros libres.[5] Nas dúas seguintes tempadas os Braves volverían a aparecer nos playoffs por última vez en Buffalo, chegando na derradeira ocasión ás semifinais de conferencia tras derrotar na primeira rolda aos Sixers.
O 15 de xuño de 1976, o propietario Paul Snyder vendeu a franquía ao matrimonio Irving Cowan, que tiñan planeado trasladar o equipo a Florida abandonando Buffalo, a "cidade do hóckey", mais a venda fracasou e paralizouse. Con todo, Snyder vendería o 50 % dos equipo ao empresario John E. Brown Jr., antigo propietario dos Kentucky Colonels da ABA. Na tempada 1976-77, Brown adquiriu o outro 50 % de Snyder e, á súa vez, vendeu un tanto por cento da franquía a Harry Mangurian, quen máis tarde posuiría unha parte de Boston Celtics na década dos 80. Cómpre destacar que durante ese ano a estrela do equipo, McAdoo, foi traspasado a New York Knicks cambio de xogadores e diñeiro.
Debido ao pobre xogo realizado polos Braves os dous seguintes anos (30-52 en 1976-77 e 27-55 en 1977-78), xuntouse coa pouca venda de entradas, polo que Brown negociou co entón propietario dos Celtics, Irv Levin, facer un intercambio de franquías, polo que Brown tomaría o mando dos Celtics e Levin dos Braves. Levin, era un empresario de California que soñaba con posuír unha franquía no seu estado natal, con todo, o trato foi roto por David Stern, do consello xeral da NBA. Mais finalmente, a seguinte sería a última tempada do equipo do oeste de Nova York, xa que os propietarios das franquías da NBA votaron por un claro 21-1 permitir a Buffalo trasladarse de cidade. Finalmente escolleron a cidade californiana de San Diego, pasando a converterse na tempada 1977-78 nos San Diego Clippers.[2]
San Diego Clippers
[editar | editar a fonte]Na primeira tempada do equipo en San Diego, lograron un balance de 43-39, o que sería a súa última campaña positiva en 13 anos, baixo o mando do novo adestrador Gene Shue. Con todo, aquela marca non foi dabondo para acceder aos playoffs, quedándose a tan só dúas vitorias de logralo.[6] Un dos xogadores máis destacados da tempada foi de novo Randy Smith, anotando 20,5 puntos por partido, tan só por detrás recentemente fichado base dos 76ers World B. Free, que foi o segundo máximo anotador da liga con 28,8 puntos por noite. O máximo anotador ese ano fora o membro do Hall of Fame George Gervin, dos San Antonio Spurs, cunha media 29.6 por encontro.[7]
A tempada 1979-80 non foi moito mellor a pesar da fichaxe do pivote Bill Walton, nativo de San Diego, e campión da NBA dous anos antes cos Portland Trail Blazers. Debido a lesións no pé, Walton non rendeu como se esperaba del e tivo que perderse 68 partidos. Aínda coas lesións de varíos dos seus xogadores claves, os Clippers finalizaron cun digno 37-45. Por segundo ano consecutivo, Free volveu quedar ás portas do título de máximo anotador da liga, con 30,2 por noite. Ao ano seguinte, Paul Silas substituíu a Shue no posto de adestrador e os Clippers lograron unha marca de 36-46, quedándose de novo sen playoffs, Walton perdeuse a tempada completa e Free foi traspasado a Golden State Warriors por Phil Smith. O ano seguinte chegou con aínda máis trocos, xa que Levin vendeu a franquía a Donald Sterling por 20 millóns de dólares, venda precipitada polo pobre xogo dos Clippers e a baixa asistencia do público ao pavillón (unha media de 4 500 espectadores por partido). Así, Sterling trasladou a franquía á súa cidade nativa, Os Ánxeles.
Pavillóns
[editar | editar a fonte]- Buffalo Memorial Auditorium (1970-1978)
- San Diego Sports Arena (1978-1984)
- Los Angeles Memorial Sports Arena (1985-1999)
- Staples Center (1999-presente)
Tempadas
[editar | editar a fonte]Clasificados para os Playoffs | Campións de División |
Tempada | Conferencia | División | Posición | V | D | % | Part. dif. | Playoffs | Galardóns |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Buffalo Braves | |||||||||
1970–71 | Leste | Atlántico | 4º | 22 | 60 | .268 | 30 | — | |
1971–72 | Leste | Atlántico | 4º | 22 | 60 | .268 | 34 | — | |
1972–73 | Leste | Atlántico | 3º | 21 | 61 | .256 | 47 | Bob McAdoo (RdA) | |
1973–74 | Leste | Atlántico | 3º | 42 | 40 | .512 | 14 | Perdidas semifinais de conferencia vs. Boston Celtics, 4–2[8] | Ernie DiGregorio (RdA) Eddie Donovan (EdA) |
1974–75 | Leste | Atlántico | 2º | 49 | 33 | .598 | 11 | Perdidas semifinais de conferencia vs. Washington Bullets, 4–3[9] | Bob McAdoo (MVP) |
1975–76 | Leste | Atlántico | 2º | 46 | 36 | .561 | 8 | Gañada primeira rolda vs. Philadelphia 76ers. 2–1 Perdidas semifinais de conferencia vs. Boston Celtics, 4–2[10] |
— |
1976–77 | Leste | Atlántico | 4º | 30 | 52 | .366 | 20 | Adrian Dantley (RdA) | |
1977–78 | Leste | Atlántico | 4º | 27 | 55 | .329 | 28 | Randy Smith (MVP All-Star) | |
San Diego Clippers | |||||||||
1978–79 | Oeste | Pacífico | 5º | 43 | 39 | .524 | 9 | — | |
1979–80 | Oeste | Pacífico | 5º | 35 | 47 | .427 | 25 | — | |
1980–81 | Oeste | Pacífico | 5º | 36 | 46 | .439 | 21 | — | |
1981–82 | Oeste | Pacífico | 6º | 17 | 65 | .207 | 40 | — | |
1982–83 | Oeste | Pacífico | 6º | 25 | 57 | .305 | 33 | Terry Cummings (RdA) | |
1983–84 | Oeste | Pacífico | 6º | 30 | 52 | .366 | 24 | — | |
Los Angeles Clippers | |||||||||
1984–85 | Oeste | Pacífico | 4º | 31 | 51 | .378 | 31 | — | |
1985–86 | Oeste | Pacífico | 3º | 32 | 50 | .390 | 30 | — | |
1986–87 | Oeste | Pacífico | 6º | 12 | 70 | .146 | 53 | — | |
1987–88 | Oeste | Pacífico | 6º | 17 | 65 | .207 | 45 | — | |
1988–89 | Oeste | Pacífico | 7º | 21 | 61 | .256 | 36 | — | |
1989–90 | Oeste | Pacífico | 6º | 30 | 52 | .366 | 33 | — | |
1990–91 | Oeste | Pacífico | 6º | 31 | 51 | .378 | 32 | — | |
1991–92 | Oeste | Pacífico | 5º | 45 | 37 | .549 | 12 | Perdida primeira rolda vs. Utah Jazz, 3–2[11] | — |
1992–93 | Oeste | Pacífico | 4º | 41 | 41 | .500 | 21 | Perdida primeira rolda vs. Houston Rockets, 3–2[12] | — |
1993–94 | Oeste | Pacífico | 7º | 27 | 55 | .329 | 36 | — | |
1994–95 | Oeste | Pacífico | 7º | 17 | 65 | .207 | 42 | ||
1995–96 | Oeste | Pacífico | 7º | 29 | 53 | .354 | 35 | — | |
1996–97 | Oeste | Pacífico | 5º | 36 | 46 | .439 | 21 | Perdida primeira rolda vs. Utah Jazz, 3–0[13] | — |
1997–98 | Oeste | Pacífico | 7º | 17 | 65 | .207 | 44 | — | |
1998–99 | Oeste | Pacífico | 7º | 9 | 41 | .180 | 26 | — | |
1999–00 | Oeste | Pacífico | 7º | 15 | 67 | .183 | 52 | — | |
2000–01 | Oeste | Pacífico | 6º | 31 | 51 | .378 | 25 | — | |
2001–02 | Oeste | Pacífico | 5º | 39 | 43 | .476 | 22 | — | |
2002–03 | Oeste | Pacífico | 7º | 27 | 55 | .329 | 32 | — | |
2003–04 | Oeste | Pacífico | 7º | 28 | 54 | .341 | 28 | — | |
2004–05 | Oeste | Pacífico | 3º | 37 | 45 | .451 | 25 | Bobby Simmons (XMP) | |
2005–06 | Oeste | Pacífico | 2º | 47 | 35 | .573 | 7 | Gañada primeira rolda vs. Denver Nuggets, 4–1 Perdidas semifinais de conferencia vs. Phoenix Suns, 4–3[14] |
Elgin Baylor (EdA) Elton Brand (XMD) |
2006–07 | Oeste | Pacífico | 4º | 40 | 42 | .488 | 21 | — | |
2007–08 | Oeste | Pacífico | 5º | 23 | 59 | .280 | 34 | — | |
2008–09 | Oeste | Pacífico | 4º | 19 | 63 | .232 | 46 | — | |
2009–10 | Oeste | Pacífico | 3º | 29 | 53 | .353 | 28 | — | |
2010–11 | Oeste | Pacífico | 4º | 32 | 50 | .390 | 25 | Blake Griffin (RdA) | |
2011–12 | Oeste | Pacífico | 2º | 40 | 26 | .606 | 10 | Gañada primeira rolda vs. Memphis Grizzlies, 4–3 Perdidas semifinais de conferencia vs. San Antonio Spurs, 4–0 |
— |
2012–13 | Oeste | Pacífico | 1º | 56 | 26 | .683 | — | Perdida primeira rolda vs. Memphis Grizzlies, 4–2 | — |
Récords totais
[editar | editar a fonte]Estatística | Vitorias | Derrotas | V–D% |
---|---|---|---|
Récord da tempada regular Buffalo Braves (1970–1978) | 259 | 397 | .395 |
Récord da tempada regular San Diego Clippers (1978–1984) | 186 | 306 | .378 |
Récord da tempada regular Los Angeles Clippers (1984–2013) | 858 | 1472 | .368 |
Récord total da tempada regular (1970–2013) | 1303 | 2175 | .375 |
Récord da postempada Buffalo Braves (1970–1978) | 9 | 13 | .409 |
Récord da postempada San Diego Clippers (1978–1984) | 0 | 0 | .000 |
Récord da postempada Los Angeles Clippers (1984–2013) | 17 | 25 | .405 |
Récord total da postempada (1970–2013) | 26 | 38 | .406 |
Récord total da tempada regular e postempada (1970–2011) | 1329 | 2213 | .375 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Equipo actual
[editar | editar a fonte]Los Angeles Clippers 2023–2024 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Membros do Hall of Fame
[editar | editar a fonte]- 11 Bob McAdoo, Pívot, 1973-77 (Buffalo Braves)
- 32 Bill Walton, Pívot, 1979-85 (1979-84 con San Diego Clippers)
- 21 Dominique Wilkins, Aleiro, 1994
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]
|
Primeiro Equipo de Rookies da NBA
|
Segundo Equipo de Rookies da NBA
Primeiro Quinteto Defensivo da NBA
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The official page of the Buffalo Braves. In the beginning". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Buffalo Braves Historical Moments
- ↑ "Kauffman, primeiro All Star en 1971". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010.
- ↑ "1974 Playoff Results". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 20 de marzo de 2010.
- ↑ "Estatísticas de Bob McAdoo". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010.
- ↑ "1978-79 NBA Season Summary". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2010.
- ↑ LEAGUE LEADERS. Points - 1978-79 Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine., consultado xaneiro de 2008
- ↑ "1973–74 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "1974–75 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "1975–76 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "1991–92 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "1992–93 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "1996–97 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "2005–06 Los Angeles Clippers". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)
- Sitio web oficial dos Buffalo Braves
- Os Clippers en espn.com (en inglés)