Marcus Morris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcus Morris
Los Angeles Clippers – No. 8
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 2 de setembro de 1989 (33 anos)
Flag of Pennsylvania.svg Filadelfia, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Prep Charter
(Philadelphia, Pennsylvania)
APEX Academy
(Pennsauken, New Jersey)
Universidade Kansas (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Houston Rockets
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Houston Rockets (2011–2013)
Rio Grande Valley Vipers (2012)
Phoenix Suns (2013–2015)
Detroit Pistons (2015–2017)
Boston Celtics (2017–2019)
New York Knicks (2019–2020)
Los Angeles Clippers (2020–presente)

Marcus Morris, nado o 2 de setembro de 1989 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou na Universidade para os Kansas Jayhawks. É o irmán xemelgo de Markieff Morris, tamén xogador profesional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2011, Morris foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets, unha posición por detrás do seu irmán Markieff Morris.

O 21 de febreiro de 2013, Morris foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2013, reuníndose así co seu irmán Markieff.[1]

O 9 de xullo de 2015, Morris foi traspasado xunto a Reggie Bullock e Danny Granger ós Detroit Pistons a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[2]

O 7 de xullo de 2017, Morris foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Avery Bradley e unha elección da segunda rolda do Draft de 2019.[3]

O 16 de xullo de 2019, Morris asinou cos New York Knicks.[4]

O 6 de febreiro de 2020, os Knicks traspasaron a Morris ós Los Angeles Clippers nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Maurice Harkless ós Knicks, a Jerome Robinson ós Washington Wizards, e a Isaiah Thomas ós Clippers.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Suns Acquire Marcus Morris
  2. "Detroit Pistons Acquire Marcus Morris, Reggie Bullock And Danny Granger From Phoenix". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  3. "Boston Celtics Acquire Marcus Morris". NBA.com. 7 de xullo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  4. "New York Knicks Sign Reggie Bullock and Marcus Morris". NBA.com. 16 de xullo de 2019. Consultado o 16 de xullo de 2019. 
  5. "L.A. Clippers Acquire Marcus Morris Sr. in a Three Team Trade". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]