Paul Millsap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paul Millsap
Paul Millsap Atlanta Hawks cropped.jpg
Denver Nuggets – No. 4
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 10 de febreiro de 1985 (34 anos)
Luisiana Hanford, Luisiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 115 kg (253 lb)
Información da carreira
Instituto Grambling (Luisiana)
Universidade Louisiana Tech (2003–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 2 / Elección: 47

Por Utah Jazz

Carreira desde 2006
Historial de equipos
Utah Jazz (2006–2013)
Atlanta Hawks (2013–2017)
Denver Nuggets (2017–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (20142017)
2º Equipo Defensivo da NBA (2016)
3× Máximo reboteador da NCAA (2004–2006)

Paul Millsap, nado o 10 de febreiro de 1985 en Hanford, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga como ala-pivote nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Formado na Universidade de Louisiana Tech, foi seleccionado no Draft da NBA de 2006 polos Utah Jazz no posto 47, permanecendo no equipo de Salt Lake City até 2013, cando asina polo Hawks. Dúas veces All-Star da NBA, é o único xogador da historia en ser o máximo reboteador da NCAA (liga universitaria de baloncesto estadounidense) en tres anos consecutivos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Millsap asistiu á Universidade de Louisiana Tech, onde pasou tres campañas cunha media de 18,6 puntos, 12,7 rebotes, 1,99 tapóns e 1,32 roubos de balón en 92 partidos. Converteuse no único xogador na historia da NCAA en liderar a nación en rebotes en tres campañas consecutivas, e no quinto en gañar títulos de máximo reboteador en tempadas seguidas. Bateu case todas as marcas de rebotes, sendo tamén o único xogador en liderar en rebotes no seu ano freshman e sophomore.

Finalizou o seu periplo universitario sétimo en anotación en toda a historia de Louisiana Tech, con 1.701 puntos, e segundo en rebotes con 1.172, ademais de conseguir 67 dobres-dobres na súa carreira. Nos seus anos sophomore e junior foi elixido no mellor quinteto da Western Athletic Conference e como freshman, no segundo. Foi nomeado o Freshman do Ano da súa conferencia tras asinar 15,6 puntos e 12,5 rebotes en 35,1 minutos en 30 partidos (29 de titular).

NBA[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado por Utah Jazz na 47ª posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2006, sorprendendo pola súa elección tan baixa. A finais de 2006, varios analístas deportivos colocaban a Millsap como candidato ao Rookie do Ano. Sorprendeu a todos polo seu gran ano rookie, demostrando ser un auténtico "roubo de draft". Conseguiu 6 dobres-dobres, e fixo unha media de 6,8 puntos, 5,2 rebotes, 0,9 tapóns e un 52,5% en tiros de campo (17º mellor na NBA) en 82 partidos. O seu tempo en cancha incrementouse tras a lesión de Carlos Boozer, aínda que só disputou un partido como titular en toda a tempada. Foi seleccionado no segundo mellor quinteto de rookies da NBA da temporada 2006-07.

No verán de 2013, asinou un contrato cos Atlanta Hawks por dúas tempadas.[1] Nos Hawks converteuse nun dos xogadores máis importantes da franquía, sendo mesmo convocado en dúas ocasións consecutivas para xogar o All-Star en 2014 e 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hawks Sing Forward Paul Millsap". NBA.com. 10 de xuño de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]