Staples Center
Staples Center | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 34°02′35″N 118°16′02″O / 34.043055555556, -118.26722222222 |
Localización | Os Ánxeles (California) |
Construción | |
Inauguración | 17 de outubro de 1999 |
Arquitecto | NBBJ |
Custo | $375 millóns USD |
Estadio | |
Capacidade | Baloncesto: 19.060 Hóckey sobre xeo: 18.118 |
Propietario | L.A. Arena Company Anschutz Entertainment Group |
Operadora | Anschutz Entertainment Group |
Localía | Los Angeles Clippers (NBA) Los Angeles Lakers (NBA) Los Angeles Kings (NHL) Los Angeles Sparks (WNBA) Los Angeles D-Fenders (D-League)(até 2011) Los Angeles Avengers (AFL, até 2008) |
Web | http://www.staplescenter.com/ e https://cryptoarena.com |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Staples Center é un pavillón multiúsos situado na cidade dos Ánxeles, en California (Estados Unidos). É un dos máis modernos e luxosos do mundo, situado no 1111 S de Figueroa Street. Financiouse por completo de maneira privada, tendo un custo final de 375 millóns de dólares. O seu nome débese a un dos seus patrocinadores, Staples Inc., unha cadea de establecementos con máis de 2.000 tendas en todo o mundo, a cal paga unha importante suma de diñeiro para dar nome ao pavillón.
Historia
[editar | editar a fonte]Inaugurouse o 17 de outubro de 1999 e moi pronto obtivo o recoñecemento de todo o mundo, gañando en dúas ocasións o premio ao mellor Pavillón do Ano. Alberga máis de 250 eventos, tanto deportivos como de calquera índole, ademais de facer as funcións de centro comercial e de lecer ofrecendo servizos de toda clase. O Staples Center recibe máis de 4 millóns de visitas ao longo do ano.
Aforamento
[editar | editar a fonte]O Staples Center pode albergar 20.000 espectadores para concertos, 18.997 para o baloncesto, e 18.118 para o hóckey sobre xeo e o fútbol americano indoor. As dúas terceiras partes dos asentos sitúanse no nivel inferior. Ademais, conta con 160 palcos de luxo e 15 suites para eventos.
Equipos
[editar | editar a fonte]O pavillón é compartido polos seguintes equipos profesionais:
- Los Angeles Lakers (NBA)
- Los Angeles Clippers (NBA)
- Los Angeles Sparks (WNBA)
- Los Angeles Kings (NHL)
- Los Angeles D-Fenders (NBA Development League, até 2011)
- Los Angeles Avengers (AFL, até 2008)
Funeral de Michael Jackson
[editar | editar a fonte]O 7 de xullo de 2009 realizouse no Staples Center o funeral de Michael Jackson, quen había falecido doce días antes na súa residencia desa cidade. Durante o concorrido evento, para o cal se sortearon 17.500 billetes de balde entre as persoas previamente rexistradas no sitio web do recinto, participaron diversos familiares e amigos do cantante, compartindo vivencias e interpretando algunhas das súas cancións máis populares. O cadaleito pechado de Jackson estivo presente entre o escenario e o público as dúas horas que durou a cerimonia, a cal foi transmitida en directo e de xeito gratuíto por Internet e tódalas canles de televisión que desexasen subscribirse.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Partido de hóckey sobre xeo
-
Partido de L.A. Lakers contra Atlanta Hawks
-
Encontro de L.A. Clippers contra Phoenix Suns
-
Fachada del pavillón
-
Cheerleaders dos Lakers
-
Estación Blue Line Pico, fronte ao Staples Center
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Staples Center |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |