MVP da Tempada da NBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Xogador máis valioso da tempada da NBA, tamén coñecido como o MVP (Most Valuable Player e que recibe o premio NBA Most Valuable Player Award) é o premio que a liga entrega ao xogador máis valioso de cada tempada dende 1956. O gañador recibe o Trofeo Maurice Podoloff, nomeado así en honra ao primeiro comisionado da historia da NBA, en activo desde a primeira tempada, en 1946-47, até 1963.

Características[editar | editar a fonte]

A votación para o MVP celébrase unha vez finalizada a tempada regular. Até 1979-80 o MVP era seleccionado polo voto dos xogadores, con todo, dende 1981, o premio decídeno os xornalistas deportivos dos Estados Unidos e o Canadá. A votación é realizada por 125 membros;[1] tres de cada unha das trinta cidades da NBA, e os 35 restantes locutores e analistas especializados de medios de comunicación. Dende a tempada 1982-83, só xogadores de equipos con cincuenta ou máis vitorias durante a campaña lograron gañar o premio (excepto Karl Malone na tempada 1998-99 do peche patronal, na que só se disputaron cincuenta partidos), asegurando con iso que o MVP pertenza a un equipo clasificado para playoffs.

Kareem Abdul-Jabbar é o xogador que máis veces gañou o premio, en seis ocasións, seguido por Michael Jordan e Bill Russell con cinco e Wilt Chamberlain con catro. Só dous "rookies" conseguiron gañalo: Wilt Chamberlain en 1960 e Wes Unseld en 1969.

O primeiro xogador nado fóra dos Estados Unidos en lograr este galardón foi o pivote nixeriano Hakeem Olajuwon, pertencente aos Houston Rockets, na tempada 1993-94, mais estaba nacionalizado estadounidense. A continuación, Tim Duncan, dos San Antonio Spurs, nado nas Illas Virxes dos Estados Unidos, conseguiu o galardón nas campañas 2001-02 e 2002-03 e, posteriormente, en 2004-05 e 2005-06, Steve Nash, base de Phoenix Suns, nado en Johannesburgo (Suráfrica) aínda que criado no Canadá. O primeiro europeo en obtelo foi o alemán Dirk Nowitzki, de Dallas Mavericks, na tempada 2006-07.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Xogador activo
Elixido no Basketball Hall of Fame
Indica que o xogador gañou o campionato ese ano
Abdul-Jabbar (6 veces).
Michael Jordan (5 veces).
Bill Russell (5 veces).
Wilt Chamberlain (4 veces).
Lebron James (4 veces).
Tempada Xogador Posición Nacionalidade Equipo
1955−56 Pettit, BobBob Pettit Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos St. Louis Hawks
1956−57 Cousy, BobBob Cousy Base Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1957−58 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1958−59 Pettit, BobBob Pettit Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos St. Louis Hawks
1959−60 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia Warriors
1960−61 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1961−62 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1962−63 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1963−64 Robertson, OscarOscar Robertson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Cincinnati Royals
1964−65 Russell, BillBill Russell Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1965−66 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1966−67 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1967−68 Chamberlain, WiltWilt Chamberlain Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1968−69 Unseld, WesWes Unseld Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Baltimore Bullets
1969−70 Reed, WillisWillis Reed Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos New York Knicks
1970−71 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1971−72 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1972−73 Cowens, DaveDave Cowens Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1973−74 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Milwaukee Bucks
1974−75 McAdoo, BobBob McAdoo Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Buffalo Braves
1975−76 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1976−77 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1977−78 Walton, BillBill Walton Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Portland Trail Blazers
1978−79 Malone, MosesMoses Malone Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
1979−80 Abdul-Jabbar, KareemKareem Abdul-Jabbar Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1980−81 Erving, JuliusJulius Erving Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1981−82 Malone, MosesMoses Malone Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
1982−83 Malone, MosesMoses Malone Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
1983−84 Bird, LarryLarry Bird Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1984−85 Bird, LarryLarry Bird Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1985−86 Bird, LarryLarry Bird Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Boston Celtics
1986−87 Johnson, MagicMagic Johnson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1987−88 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1988−89 Johnson, MagicMagic Johnson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1989−90 Johnson, MagicMagic Johnson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
1990−91 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1991−92 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1992−93 Barkley, CharlesCharles Barkley Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Phoenix Suns
1993−94 Olajuwon, HakeemHakeem Olajuwon Pivote Nixeria Nixeria Houston Rockets
1994−95 Robinson, DavidDavid Robinson Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
1995−96 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1996−97 Malone, KarlKarl Malone Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Utah Jazz
1997−98 Jordan, MichaelMichael Jordan Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
1998−99 Malone, KarlKarl Malone Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Utah Jazz
1999−00 O'Neal, ShaquilleShaquille O'Neal Pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
2000−01 Iverson, AllenAllen Iverson Base Estados Unidos de América Estados Unidos Philadelphia 76ers
2001−02 Duncan, TimTim Duncan Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2002−03 Duncan, TimTim Duncan Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos San Antonio Spurs
2003−04 Garnett, KevinKevin Garnett Ala-pivote Estados Unidos de América Estados Unidos Minnesota Timberwolves
2004−05 Nash, SteveSteve Nash Base Flag of Canada.svg Canadá Phoenix Suns
2005−06 Nash, SteveSteve Nash Base Flag of Canada.svg Canadá Phoenix Suns
2006−07 Nowitzki, DirkDirk Nowitzki Ala-pivote Alemaña Alemaña Dallas Mavericks
2007−08 Bryant, KobeKobe Bryant Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Los Angeles Lakers
2008−09 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Cleveland Cavaliers
2009−10 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Cleveland Cavaliers
2010−11 Rose, DerrickDerrick Rose Base Estados Unidos de América Estados Unidos Chicago Bulls
2011−12 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Miami Heat
2012−13 James, LeBronLeBron James Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Miami Heat
2013−14 Durant, KevinKevin Durant Ala Estados Unidos de América Estados Unidos Oklahoma City Thunder
2014−15 Curry, StephenStephen Curry Base Estados Unidos de América Estados Unidos Golden State Warriors
2015−16 Curry, StephenStephen Curry Base Estados Unidos de América Estados Unidos Golden State Warriors
2016−17 Westbrook, RussellRussell Westbrook Base Estados Unidos de América Estados Unidos Oklahoma City Thunder
2017−18 Harden, JamesJames Harden Escolta Estados Unidos de América Estados Unidos Houston Rockets
2018−19 Antetokounmpo, GiannisGiannis Antetokounmpo Ala-pivote Grecia Grecia Milwaukee Bucks
2019−20 Antetokounmpo, GiannisGiannis Antetokounmpo Ala-pivote Grecia Grecia Milwaukee Bucks
2020−21 Jokić, NikolaNikola Jokić Pivote Serbia Serbia Denver Nuggets

Maior número de galardóns[editar | editar a fonte]

Por xogador[editar | editar a fonte]

Larry Bird (3 veces).
Número Xogador Anos
6 Kareem Abdul-Jabbar 1971, 1972, 1974, 1976, 1977, 1980
5 Michael Jordan 1988, 1991, 1992, 1996, 1998
Bill Russell 1958, 1961, 1962, 1963, 1965
4 Wilt Chamberlain 1960, 1966, 1967, 1968
LeBron James 2009, 2010, 2012, 2013
3 Moses Malone 1979, 1982, 1983
Larry Bird 1984, 1985, 1986
Magic Johnson 1987, 1989, 1990
2 Bob Pettit 1956, 1959
Karl Malone 1997, 1999
Tim Duncan 2002, 2003
Steve Nash 2005, 2006
Stephen Curry 2015, 2016

Por equipo[editar | editar a fonte]

Magic Johnson (3 veces).
Moses Malone (3 veces).
Número Equipo
10 Boston Celtics
8 Los Angeles Lakers
6 Chicago Bulls
Philadelphia 76ers
4 Houston Rockets
Milwaukee Bucks
3 Phoenix Suns
San Antonio Spurs
Golden State Warriors
2 Cleveland Cavaliers
Miami Heat
St. Louis Hawks
Utah Jazz
Oklahoma City Thunder
1 Baltimore Bullets
Buffalo Braves
Cincinnati Royals
Dallas Mavericks
Minnesota Timberwolves
New York Knicks
Portland Trail Blazers

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]