Illote do Castelo
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Pontevedra, España | |||
Localización | Ponte Sampaio | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
O illote do Castelo é unha illa galega situada na desembocadura do río Oitavén, na enseada de San Simón. Pertence á parroquia de Ponte Sampaio, do concello de Pontevedra. Localízase a escasos metros da costa, de xeito que durante a baixamar é posíbel a comunicación por terra co illote, nunha zona de baixos limosos, empregados adoito para o marisqueo.
A illa atópase deshabitada, e non se conserva ningún vestixio de construción agás un cruceiro e unha estatua, ambas as dúas do século XX. A vexetación é a mesma que a da costa galega, isto é, na súa meirande parte matogueiras, piñeiros e eucaliptos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Neste illote existiu unha pequena fortificación, o castelo de San Paio de Luto[1]. De aspecto circular, no punto máis elevado da illa apreciaríase unha estrutura cuadrangular que poderían formar os alicerces dun antigo castelo.
No século XVII o Padre Sarmiento teorizaba sobre a illa ao suxerir a posibilidade de que existise unha pequena construción defensiva para a protección de Ponte Sampaio.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Illote de Castelo, visto desde a ponte sobre o río Oitavén.
-
Illote con Pontesampaio ao fondo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castellum Sancti Pelagii de Luto na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Alonso de Dios, Alberto. Galicia Máxica, ed. "Illote do Castelo". Consultado o 19 de maio de 2018.