Geldgeschichtliche Nachrichten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Geldgeschichtliche Nachrichten
Geldgeschichtliche Nachrichten, Eule.tiff
Logotipo da GIG, editora da
Geldgeschichtliche Nachrichten.
PaísAlemaña
Sede centralWappen Frankfurt am Main.svg Frankfurt.
LinguaAlemán.
EspecialidadeNumismática
AbreviaturaGN
Fundación1965
Primeira edición1965
Desenvolvemento
Redactora xefaAlexa Küter.
PublicadorSociedade de Historia Monetaria Internacional.
Circulación
FrecuenciaBimensual.
CirculaciónCa. 1.000 exemplares.
ISSN0435-1835
http://web.gig-geldgeschichte.de/index.php/unsere-zeitschrift
editar datos en Wikidata ]

Geldgeschichtliche Nachrichten (en galego: "Noticias de Historia Monetaria") é unha revista de edición bimensual (os meses impares) publicada desde 1965 pola Sociedade de Historia Monetaria Internacional (Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte –GIG–).[1]

Os artigos publicados nesta revista refiren a todas as áreas da historia da moeda, do diñeiro e da medalla. O período que abrangue é desde o inicio das emisións monetarias, no século VII a. de C., ata os nosos días.[1]

Na súa sección de actualidade, fanse públicas as datas de celebración de exposicións, conferencias, feiras e poxas de moedas, así como cursos universitarios acerca da historia monetaria, e publícanse tamén recensións das novidades editoriais nese ámbito.[1]

A pertenza á GIG implica directamente a subscrición á revista Geldgeschichtliche Nachrichten, que ten unha tiraxe de arredor de 1.000 exemplares e se distribúe en 30 países.[1]

A súa redactora xefa desde 2017 é Alexa Küter.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]